Interatlantic Luceros – 24 (12+12): Iker (7), Brais (1), Sergio, David Pousada (3), Adrián (2), Javier, David Pérez (1), Diego, Iago, Eric, Rodrigo (1), Pablo (5), Alejandro e Jose.
Garaysa Xiria – 25 (15+10): Miguel (1), Pedro (5), Urbieta (4), Mario (1), Diego, Alex (9), Iago (2), Adrián, Julio, Iker (3), Franco, Xurxo e Brian.
Os infantís de división de honra romperon a racha negativa de derrotas lonxe de Carballo nun encontro no que pasaron máis apuros dos que agardaban contra un rival que chegaba cun só punto.
A expedición do Xiria chegaba ao Gatañal tan so media hora antes do comezo do encontro, con moitas presas e pouco tempo para o quecemento, tras unha longa e axitada viaxe. Iso, unido á habitual paxara nos minutos iniciais, motivou que o Luceros comezara con pequenas vantaxes no marcador (9-7 min. 15). O Xiria amosábase intenso en defensa pero moi desorganizado, cometendo moitos erros nos apoios e nos cambios de opoñente que eran ben aproveitados polos locais. Sen embargo co paso dos minutos foron corrixindo os erros e o alto ritmo imposto polo Garaysa dáballe a volta ao marcador, acadando 3 goles de vantaxe ao descanso colocando o 12-15.
No segundo tempo os xogadores do Garaysa saíron apertando forte e aínda que o xogo non era moi bo fixeron valer a súa superioridade física para aumentar a renda fronte a feble defensa do Luceros, que pouco podía facer ante as accións individuais de Alex, máximo goleador do encontro con 9 tantos, (17-21 min. 36). Sen embargo na recta final do encontro unha racha negativa de cara a portería propiciaba que os de Cangas se achegaran no marcador, pero os carballeses mantiveron o tipo e con máis corazón que cabeza acadaron a vitoria pola mínima (24-25). O Luceros dispuxo dun lanzamento de falta directo co tempo rematado, que lles daba o empate pero foise por fora ante a ledicia dos xogadores carballeses.
Clasificación 6ª Xornada