O Marmolería Jose Rey Xiria fixo un bo segundo tempo pero non puido co OAR

Marmolería Jose Rey Xiria – 23 (8+15): Diego Lema, Paulo, Miguel (2), Renzo (7), Sueiro, Juan (9), Toni (2), Dani Mallo (1), Diego Antelo e Aaron (2)

O.A.R. «B» – 25 (14+11): Lucas, Álvaro (5), Pedro (2), Adrián (7), Dacio, Juan Glz. (2), Borja (1), Eloy, Lucas (6), Hugo, Samuel (2), Diego, Juan Gª. e Marcos.

Os infantís de Territorial xogaban nesta derradeira xornada contra o OAR de Coruña, aos que venceran na súa casa por dous tantos de diferenza (16-18). Sen embargo, nesta ocasión, os coruñeses leváronse o encontro nun partido con dous tempos ben diferentes.

Na primeira parte o Xiria amosouse moi pasivo en defensa e feble nas accións de contacto. Os fortes defensores do OAR eran un muro contra o lento ataque dos de Carballo, que só conseguirían marcar 8 goles neste primeiro tempo, que remataba 8-14.

Trala arenga no descanso o equipo saíu cunha actitude ben distinta e disposto a darlle a volta ao marcador. Amosando unha intensidade superior en defensa foi, pouco a pouco, reducindo a renda de goles e meténdose no partido. Renzo e Juan resolvían ben nos ataques posicionais e Miguel e Dani Mallo traballaban a reo en defensa chegando a tódalas axudas. Na recta final do partido, 4 goles seguidos do extremo do OAR, impedían ao Xiria culminar a remontada.

Clasificación trala 18ª xornada:

Clasificación