Dous empates e unha vitoria na categoría benxamín

Disputouse a décima xornada da liga benxamín mixta a pasada fin de semana. Resultados positivos para todos os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria co Laber Xiria gañando o seu encontro, mentres Grupo Lemaco Xiria e Oak English Centre Xiria firmaron táboas nos seus partidos.

Ribadosar – Laber Xiria: 2 – 6 (1-11 / 3-6 / 3-13 / 4-3)

Laber Xiria: Hugo García (7), Manuel Pérez (3), Lucas Amado, Manuel García (2), Álvaro Vila (11), Aday Gómez, Mateo Pallas (10).
Comezou o encontro moi forte o Laber Xiria, deixando case sen opcións de lanzamento ao seu rival, mentres que sumaba goles de xeito continuado sen demasiados problemas. Non houbo cambio algún durante os tres primeiros tempos, mais no derradeiro cuarto non mantivo a concentración necesaria, e viu coma a falla de dous segundos os santiagueses se poñían por diante no marcador evitando acabar o encontro sen puntuar. Non puido estar Marco Rodríguez cos seus compañeiros por mor dun proceso gripal.

Oak English Centre Xiria – Alca B: 4 – 4 (10-6 / 4-4 / 3-3 / 4-6)

Oak English Centre Xiria: Samuel Veiga (3), Pablo Veiga (10), Alex Tato (2), Marcos Amarelle (1), Sergio Varela, Nicolás García, Álvaro López (1), Alberto Rodríguez (4).
Partido moi entretido e igualado o que xogou o Oak English Centre Xiria, e que agás no primeiro tempo, non tivo un dominador claro, sendo moi xusto o reparto de puntos entre os dous equipos. Os nervios atenzaron a uns e outros de cara ao gol segundo pasaban os minutos, deixando para as defensas o peso do encontro, cunha moi boa actuación dos porteiros que lanzamentos claros subiran ao marcador.

Alca B – Grupo Lemaco Xiria: 4 – 4 (12-8 / 2-4 / 2-13 / 11-8)

Grupo Lemaco Xiria: Erik Vázquez (8), Miguel Cambón (2), Samuel Regueira (8), Xurxo Fraga (4), Alejandro Vázquez, Ángel (11).
Empatou o Grupo Lemaco Xiria no partido ante o Alca B, ao que chegou ca baixa por enfermidade de Daniel Cambón e por motivos persoais de Manuel Puente, co que os seus compañeiros tiveron que dobrar esforzos para ser competitivos. Reparto tamén de dominio no terreo de xogo, con dous tempos para cada equipo non dando opcións ao seu rival, sendo o primeiro e o cuarto para os santiagueses e o segundo e terceiro para os carballeses. Un gran papel do Grupo Lemaco ante un dos equipos que vai nos primeiros posto da táboa clasificatoria.