Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Telepizza Xiria alevín masculino comeza a Liga con vitoria

O Telepizza non deu opcións ao seu rival no primeiro encontro da liga, que gañou por unha ampla diferenza. Os carballeses estiveron bastante nerviosos neste primeiro encontro, caendo en algún…

O Telepizza non deu opcións ao seu rival no primeiro encontro da liga, que gañou por unha ampla diferenza.

Os carballeses estiveron bastante nerviosos neste primeiro encontro, caendo en algún despiste, pero cun xogo moi rápido de pases e desmarques acadaban goles con moita claridade.

O Telepizza Xiria rematou gañando os catro tempos e sumando os primeiros 4 puntos no taboleiro.

A.D. Alca A: 0 – Telepizza Xiria: 8

1º(3-13), 2º(2-15), 3º(2-13) e 4º(2-11)

Julián (9), Andrés (8), Mateo (11), Óscar (5), Samuel (5), Ángel (7), Borja (2), Nicolás (5)