Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cara e cruz na doble xornada que disputou o Marmolería José Rey Xiria

O equipo infantil de 2ª División xogaba esta fin de semana dous partidos de liga, o Sábado contra o Bm. Lucus e o Domingo contra o Alca de Santiago, sumando…

O equipo infantil de 2ª División xogaba esta fin de semana dous partidos de liga, o Sábado contra o Bm. Lucus e o Domingo contra o Alca de Santiago, sumando unha derrota e unha vitoria.

No partido do Sábado o Marmolería Jose Rey recibía ao líder invicto, o Bm. Lucus, nun difícil encontro fronte a un equipo de segundo ano moi superior fisicamente. Os carballeses aguantaron os primeiros 15 minutos, pero as presas e os nervios por ir debaixo no marcador fixeron que o equipo se atascase en ataque e o Lucus tomou unha maior vantaxe: 12-16 ao descanso.

Na segunda parte os locais baixaron os brazos e o rival aproveitou para golear a pracer, rematando así cun marcador moi avultado.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – 22 (12+10): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela (2), Paulo Collazo (1), Aaron Rodríguez (2), Javier Rodríguez (1), Brian Gómez (3), Carlos Varela (1), Fernando Mallo (8), Alejandro Santos (3), Pablo Esmorís.

RECAMBIOS INFRA LUCUS – 37 (16+21): Lucas, Pedro (6), Alex, Jose (6), Iago (4), Aaron (2), Iker (5), Carlos (2), Adrián (4), Gabriel (8) e Brais.

Colexiado: Brais Puñal, do colexio galego.

No encontro do domingo, o Marmolería José Rey Xiria, recibía a visita do A.D. Colexio Alca, nun partido, a priori, cómodo para os carballeses. Pero a relaxación e o bo facer dos visitantes facían que nos primeiros 10 minutos de partido, Alca fose por diante no marcador. Non foi até mediada a primeira metade que os do Marmolería conseguían darlle a volta ao partido e atopar sensacións positivas no seu xogo.

Co marcador a favor, os locais son un equipo distinto, e despregaron un xogo rápido e de calidade sobre a pista. O resultado final sería de 33 a 11 a favor dos carballeses.

O Marmolería José Rey Xiria visita a próxima semana ao Parrillada A Rolda Arteixo Balonmán, en Arteixo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante 50 seareiros. Colexiado: Pedro Bermudez Calvo do colexio galego. Sen complicacións.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – 33 (16 + 17): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela (2), Paulo Collazo (2), Aaron Rodríguez (6), Javier Rodríguez (7), Carlos Varela (3), Fernando Mallo (6), Alejandro Santos (4), Pablo Esmorís (3).

A.D. COLEGIO ALCA – 11 (7 + 4): Manuel Durán (1), Antón Rivas (1), Diego Capella, Hugo Martínez, Alexander Velev, Adrián Hermida (5), Manuel Zamorano, Sergio Ferreiro (2), Luis Gil, Mario Lourido, Carlos Novas, Álvaro Garnelo, Andrés Rey (2), Roberto Díaz, Jorge Negreira, Jorge Touron.

Clasificación trala 6ª xornada:

Clasificación infantil 2ª

Fotos do encontro do Sábado:IMG-20151108-WA0001 IMG-20151108-WA0002 IMG-20151108-WA0000