Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

ÓPTICA BUEU ATL. 21 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 50

XORNADA 9 01/12/2012 Óptica Bueu Atl: 21 (10+11): Mateo, Vidal (3), Iglésias (6), Aguete (2), Castro, Piñeiro (6), Miguel -equipo inicial- Gallego, Villegas (1), Pedro, Samuel, Alberto (3), Martín. Ifecgás…

XORNADA 9

01/12/2012

Óptica Bueu Atl: 21 (10+11): Mateo, Vidal (3), Iglésias (6), Aguete (2), Castro, Piñeiro (6), Miguel -equipo inicial- Gallego, Villegas (1), Pedro, Samuel, Alberto (3), Martín.

Ifecgás Pereira Xiria: 50 (29+21): Fidi, Rubén (4), Martín (8), Javi (2), Óscar (3), Alberto (6), Calvete (3) -equipo inicial- José (3), Zúpez, Edu (3), Anes (8), Julián (6), Iván (2), Enrique (2).

Colexiados: Aaron Sestay e Abel Juncal.

Partido sinxelo e sen historia o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Bueu Atlético no municipal da localidade pontevedresa e no que os visitantes puxeron de manifesto a súa superioridade e bo facer para colocarse a tan só un punto do primeiro clasificado (Bm. Lalín), que ademais terá que visitar Carballo a finais de mes.

Os bergantiñáns, que están a mellorar o seu xogo, non deron ningunha concesión e tardaron apenas cinco minutos en romper o partido como a eles máis lles gusta, imprimindo ritmo e velocidade ao encontro. O Ifecgás Pereira non querían ningunha sorpresa, xa que calquera punto que se poida perder agora pode ser definitivo para descolgarse definitivamente dos postos altos. Os de Bueu non podían seguir o ritmo demoníaco dos carballeses e xa no remate do primeiro tempo o partido reflectía un marcador moi amplo a prol dos de Xiria, que daba o encontro por concluído (10-29).

Na segunda metade o Ifecgás Pereira baixou un pouco o ritmo e tamén a concentración, feito que permitiu que o equipo local fíxese un parcial máis digno, aínda que avultado de igual maneira (11-21). Con este resultado e con dous partidos por disputar na casa antes do parón do Nadal, os de Xiria dependen de si mesmos para ocupar o primeiro posto da táboa clasificatoria, no caso de conseguir os catro puntos en xogo, ante o OAR e Lalín respectivamente.

Na próxima xornada, que se disputará na fin de semana do 16 de decembro, o Ifecgas Pereira recibirá no derbi provincial ao equipo coruñés do OAR.