BUEU ATL. 38 – GRUPO LEMACO XIRIA 34

XORNADA 9

01/12/2012
Bueu Atl.: 38 (18+20): Raul, Anxo (9), Villegas, Mateo (1), Samuel (4), Brais (3), David (7) -equipo inicial- Sergio (5), Sequeiros (2), José(1), Carlos (4), López(2)

Grupo Lemaco Xiria: 34 (19+15): Buño, Iván (13), Dani, Diego, Pablo (2), Enrique (10), Lolo (2) -equipo inicial- Manuel, Gabriel (1), Calvo (5), José Eiroa, Andrés, Álex, Pereira (1)

Colexiados: Darío Gallego e Abel Juncal.

O Grupo Lemaco Xiria, viaxaba a Bueu para enfrontarse ao equipo da localidade nun duelo importantísimo e directo, xa que os pontevedreses ocupan a segunda posición na táboa clasificatoria e os bergantiñáns a terceira con un partido menos e a tan só dous de distancia.

O encontro comezou con alternativas no marcador e moita igualdade no xogo. A intensidade era alta e os dous equipos intentaban poñer sobre o 40×20 a velocidade como sinal de identidade. Os dous bandos estaban a mostrarse erráticos e irregulares nas súas accións, alternando momentos espléndidos con accións onde as perdas de balón era a nota predominante. Ata en dúas ocasións e apoiándose na súa intensidade defensiva, os de Xiria marcaron unha distancia de tres goles no electrónico e con ataque para irse ata catro goles, pero en ambas, as perdas de balón e os erros non forzados posibilitaban que o Bueu acurtara diferencias para chegar ao descanso cun parcial de 18-19.

Na reanudación, os de Bueu saían á pista cunha marcha máis. En apenas tres minutos xa voltearan o marcador e, arredor do minuto quince, a diferenza xa era de tres tantos ao seu favor. A mixta que o adestrador pontevedrés dispuxera sobre Iván causaba o efecto desexado e os carballeses non eran capaces de superar a defensa azul no 5×5. O dominio do Bueu foi evidente nesta segunda parte e sobre todo o control do tempo do partido co resultado ao seu favor. Por contra, os de Xiria, na súa intención de querer resolver e igualar rapidamente, seguían a perder balóns sinxelos e mostrábanse demasiados precipitados nos seus ataques posicionais. A defensa tampouco funcionaba e o xogo dos visitantes co pivote facía moito dano aos de Carballo.

Foi unha mágoa ver tan cerca os de Xiria de un resultado positivo que lles auparía a segunda praza e como no momento máis inoportuno non fixeron o seu mellor encontro. Deste xeito, os carballeses perden o terceiro posto en favor do Lalín, pero seguen na loita polo título e a tan só tres puntos do segundo e con un partido menos. De feito, se o Grupo Lemaco consegue derrotar no Vila de Noia carballés ao OAR da Coruña e ao propio Bm. Lalín,recuperará, como mínimo, ese terceiro posto da clasificación antes do parón do Nadal que o deixaría en disposición de loitar por todo na segunda volta.

A vindeira xornada, disputarase na fin de semana do 16 de decembro, posto que esta semana hai parón na categoría. O rival o OAR Coruña nun derbi provincial.