Os alevins do Marmolería Jose Rey Xiria gañan o Campionato galego de clubs

Os alevins do Marmolería Jose Rey Xiria gañan o Campionato galego de clubs

Este Sábado celebrouse en Ourense o Campionato Galego de clubs nas categorías alevín e benxamín, onde os catro campións provinciais de cada categoría loitaban polo título galego.

O Marmolería Jose Rey Xiria era o encargado de representar á provincia de A Coruña na categoría alevín, logo de vencer ao Bm Culleredo na final provincial, e chegaba a Ourense disposto a loitar polo título.

Ás 7:45 partía a expedición do Xiria, 50 persoas entre xogadores e afección, poñían rumbo á cidade das burgas, para presenciar este Campionato Galego que poría fin a unha prolífica tempada. Os xiriareiros non deixaron de animar aos seus pese á sofocante xornada de calor vivida no Pavillón dos Remedios e sen dúbida foron parte activa na vitoria do equipo.


No primeiro partido, contra Lugo, os carballeses saíron ao campo moi concentrados e non deron ningunha opción ao seu rival, o Bm. Viveiro, que se viu superado pola intensa defensa do Xiria. Os coruñeses gañaban os catro tempos e comezaban así o día con moi boas sensacións.

Marmolería Jose Rey Xiria: 40 – CEIP Covas Bm. Viveiro: 8

1º tempo (14-0), 2º tempo (7-5), 3º tempo (7-3), 4º tempo (12-0)

Aaron (1), Javier (3), Carlos (4), Pedro, Mario (2), Dani M. (4), Fernando (6), Juan (7), Diego (2), Juanma (4), Julián (3), Pablo, Jairo, Andrés (2), Toni (1) e Martín (1).


No segundo encontro o Xiria enfrontábase ao AD. Carballal «A», representante da provincia de Pontevedra, nun encontro que resultaba decisivo para as aspiracións dos dous conxuntos, a priori, os favoritos ao título.

Os alevíns do Xiria fixeron un dos mellores partidos da tempada contra o Carballal, cun traballo defensivo soberbio de todo o equipo e xogando o balón en ataque con moi bo criterio fronte á pechada defensa dos pontevedreses.

O Marmolería gañaba o primeiro tempo pola mínima, cunha última acción de infarto, onde o Carballal dispoñía de balón a falta de 30 segundos e con empate no marcador. O Xiria non especulou coa igualada e aumentou a presión defensiva, roubou o balón e conseguiu anotar nos últimos segundos para delirio da grada.

O golpe moral afectou moito ao Carballal, que baixou a intensidade nos seguintes períodos, permitindo ao Xiria marcadores máis amplos.

Marmolería Jose Rey Xiria: 33 – A.D. Carballal «A»: 19

1º tempo (8-7), 2º tempo (8-2), 3º tempo (9-7), 4º tempo (8-3)

Aaron (2), Javier (2), Carlos (1), Pedro, Mario (7), Dani M. (6), Fernando (4), Juan (2), Diego (4), Juanma (3), Julián (1), Pablo, Jairo, Andrés (1), Toni e Martín.


O derradeiro encontro xogábase pola tarde fronte os anfitrións, o Nova Xestión Pabellón Ourense, que xa perderan no partido inaugural fronte ao Carballal e non tiñan opcións ao título, pero sabiamos que pola súa condición de locais non nos ían poñer as cousas doadas.

O Nova Xestión xogou todo o encontro utilizando ao seu porteiro como un atacante máis, conseguindo así aliviar a presión defensiva do Xiria, pero co conseguinte risco de deixar a porta baleira e permitir goles doados en caso de perda de balón.

No primeiro tempo esta táctica descolocou aos carballeses que se vían sempre en inferioridade numérica e non sabían moi ben como defender a ese porteiro atacante. A pesar de todo o Xiria conseguía gañar pola mínima ese primeiro cuarto.

Marmolería Jose Rey Xiria: 34 – Nova Xestión Pabellón: 20

1º tempo (6-5), 2º tempo (7-4), 3º tempo (9-3), 4º tempo (12-8)

Aaron (3), Javier, Carlos (5), Pedro, Mario, Dani M. (3), Fernando, Juan (8), Diego (6), Juanma (2), Julián (2), Pablo (2), Jairo, Andrés, Toni (2) e Martín (1).


Galería de fotos do Campionato Galego de clubs:


IMG-20150607-WA0001
IMG-20150607-WA0005 IMG-20150607-WA0006 IMG-20150607-WA0007 IMG-20150607-WA0008 IMG-20150607-WA0014 IMG-20150607-WA0015 IMG-20150609-WA0006 IMG-20150609-WA0008 IMG-20150609-WA0016 IMG-20150609-WA0018 IMG-20150609-WA0019 IMG-20150609-WA0022

IMG-20150606-WA0000