Os rapaces e rapazas de Escolas de Verán Xiria encheron de cores o CEIP Fogar

Moitos dos participantes nas Escolas de Verán Xiria aproveitaron as clases de pintura para dar vida a unha das zonas máis concorridas do CEIP Fogar, a entrada ao comedor.

Logo de moitos días de traballo e moito esforzo rematábase un fermoso proxecto que comezara o pasado ano, nestas mesmas Escolas de Verán.

Tamén están expostos, dende principios de mes, os murais que compuxeron os grupos, nos que tiraron de imaxinación para facer as súas versións de obras tan coñecidas do mundo da pintura como o «Guernica», de Picasso, ou «A habitación», de Van Gogh.

20150806_122452

20150806_122523