Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Os xuvenís de EBM.Xiria, caen ante un Teucro superior.

Ao igual que a semana pasada en Lalín, aos xuvenís de Xiria faltoulles a concentración e intensidade necesarias para facer fronte a un conxunto como o e Pontevedra. O Teucro,…

Ao igual que a semana pasada en Lalín, aos xuvenís de Xiria faltoulles a concentración e intensidade necesarias para facer fronte a un conxunto como o e Pontevedra.

O Teucro, amosouse moi superior dende o primeiro minuto e sacou os bergantiñáns do partido a base da súa mesma medicina: defensa anticipativa e saída ao contragolpe, sen esquecer a mobilidade de todos os seus homes e o bo facer no posicional. Nesta ocasión e como xa acontecera a pasada semana en Lalín, os verdibrancos non foron quen de amosar ese dinamismo no xogo e voltaron a pecar de exceso de individualismo e das malas tomas de decisións tanto no estático como nas transiccións. De novo, as perdas de balón (19 neste encontro), foron a sentencia dos de Xiria, que vían como o seu rival aproveitaba cada unha delas para sair como lóstregos ao contagolpe e ampliar a vantaxe de xeito sinxelo (12-21 no minuto 20). vintecinco goles encaixados nos primeiros trinta minutos e once goles encontra, deixaban as cousas moi costa arriba ante un rival como o de Pontevedra.

Na reanudación a tónica foi a mesma, a pesar de que os locais cambiaron o seu sistema defensivo en varias ocasións e buscaron diferentres opcións no ataque estático. Nos últimos dez minutos, os visitantes controlaban o partido de xeito máis tranquilo, máis pausado, sabedores de que os dous puntos estaban no peto, dado o amplo da diferencia. A sentenza estaba ditada e o Xiria encaixaba a súa segunda derrota consecutiva que deixa a os de Carballo cun balance de 3 partidos gañados e dous perdidos, a espera de viaxar a Cangas a semana que ven para enfrontarse a outro conxunto certamente complicado.

EBM.Xiria: 32(14+18). Dani Buño, Iván Campos (2), Gabriel Castiñeiras (2), Borja Rodríguez, Enrique Pena (2), Diego Gago (3), Iván Calvo (6)**-equipo inicial-**Daniel García (4), Alex Figueroa, Damián Rodríguez (3), Andrés Barca, Borja González (2), José Pereira (7), Diego Morandeira, Tito (1).

SD.Teucro: 44(25+19). Hector, Arosa (6), Aser (9), Andrés (9), Sergio (6), Felipe (3), Marcos (3)**-equipo inicial-**Orge (3), Varela, Eduardo (1), Oscar (1), Marcos (1), Peón, Llan, Sobral (2).

Resultado cada 5´: 3/4, 5/9, 8/13, 9/17, 12/21, 14/25**-Descanso-**17/29, 18/23, 20/35, 23/37, 27/41, 32/44

Árbitros: Julio Villanueva e Abel Juncal. Pasaron desapercibidos. Excluiron con dous minutos a Daniel García polos locais e a Andrés polos visitantes.

Incidencias: Pavillón disputado no Carballo Calero ante a presenza de coarenta espectadores.

Clasificación 5ª xornada:

juves teucro