Merecida vitoria do Grupo Lemaco ante o Teucro

O Grupo Lemaco, sumou a súa terceira vitoria en liga, fraguada nunha gran primeira parte, chea de ritmo e vivacidade. A medida que pasan as semanas, os cadetes de Xiria van adquirindo os conceptos traballados e mostran a súa progresión semana tras semana. No día de hoxe, o conxunto de Carballo tardou en encontrar o ritmo adecuado en tarefas defensivas, pero alá polo minuto vinte, cando apareceron os contactos, as disuasións, as axudas….e con iso, as recuperacións de balón, o Grupo Lemaco rompía o partido e establecía un parcial de 6-2 en cinco minutos que ía ser, ao cabo, definitivo. O 23-13 que reflectía o marcador no descanso, daba unha vantaxe certamente importante cara a reanudación.

Na segunda parte, o xogo dos verdibrancos foi un tanto máis irregular, máis errático, alternando bos momentos con outros máis dubitativos, pero a solvencia de todos os xogadores en líñas xerais, podese cualificar como boa.

O equipo bergantiñán, controlou o envite e o achegamento do Teucro, producíronse en momentos nos que diferentes xogadores estaban a ocupar postos non habituais, na busqueda de posibles opcións futuras. En definitiva, un magnífico resultado e seis puntos na conta dos carballeses que a semana que ven, terá que enfrontarse a un duro rival, o BM.Luceros de Cangas, que actualmente ocupa o primeiro posto da táboa clasificatoria.

Grupo Lemaco Xiria: 43 (23+20).  Manuel Souto, Roi Alfeirán (1), Fran Rey (2), Juan Carlos Rodríguez (13), Carlos Vilanova (11), Andy Rey (1), Andrés Vila (6)-equipo inicial-Samuel Castiñeiras, Ronaldo Durán, Antón Traba (6), Manuel Sánchez, Pablo Cambón, José Varela, Sergio Pombo, Xurxo Rey (2), Daniel Esmorís (1).

SD. Teucro: 34 (13+21).  Javier, Anxo (2), Edu (3), Sergio (9), Alex (10), Moya (7), Manuel (1)-equipo inicial-Jacobo, Andrés, Pedro (1), Estevez, Araujo (1), Diego.

Resultados cada 5´: 5/4, 8/6, 10/9, 16/11, 20/13, 23/13-equipo inicial-28/17, 31/22, 33/25, 35/27, 38/30, 43/34.

Árbitros: Abel Juncal e Julio Villanueva. Non tiveron complicacións e pasaron desapercibidos.Excluiron con dous minutos a Ronaldo e Roi polos locais e Araujo e Diego polos visitantes.

Incidencias: Partido da quinta xornada da liga de División de Honra cadete disputado no Carballo Calero de Carballo ante a presenza de 40 espectadores.

Casificación 5ª xornada.

cadetes teucro