Partido no cume e primeira derrota do Laber Xiria
A clasificación da División de honra xuvenil, reflicte á perfección a igualdade que existe entre a maioría de equipos, unha clasificación onde o lider, Laber Xiria e os seus dous…

A clasificación da División de honra xuvenil, reflicte á perfección a igualdade que existe entre a maioría de equipos, unha clasificación onde o lider, Laber Xiria e os seus dous máis inmediatos perseguidores (Teucro e Bueu respectivamente) están empatados a 14 puntos. Os de Carballo, único conxunto invicto até o momento e os de Bueu, prometían hoxe no Carballo Calero unha batalla encarnizada por facerse cos dous puntos ante un rival directo e saír líderes da competición. Antes do partido, agadouse un minuto polas víctimas dos atentados de París e no quecemento lesionouse Borja Rodríguez, que esperemos teña unha pronta recuperación.
Os verdinegros comezaron mellor o envite, activando a súa velocidade ao contragolpe e sendo resolutivos no ataque posicional (3-1 minuto 5), pero os foráneos non querían descolgarse tan pronto e mostraban os primeiros detalles de calidade que servirían para apertar o marcador (6-5 minuto 10). Foi nos seguinte cinco minutos e cun parcial de 1-5 cando os de Bueu romperon o partido, unha laxa que ao cabo marcaría o encontro e polo tanto, o resultado final. A partir deste momento, os bergantiñáns foron sempre por detrás no electrónico e as precipitacións e o exceso de ansiedade, non foron os mellores aliados na procura da remontada. Con cinco tantos de vantaxe ao descanso (12-17), os visitantes souberon manter a disciplina e dominar o tempo de partido, superando na orde e sentido táctico ao seu rival, que a pesar de todo, non se daba por vencido e quería tentalo até o final. Precisamente foi nos últimos minutos cando a retagarda carballesa tentábao con maior profundidade e conseguía interceptar varios balóns, así como provocar erros no rival e aproveitalos para achegarse no electrónico. A vantaxe do Bueu ATL. nunca perigou, pero os de Xiria reducían a diferenza, dato que pode chegar a ser importante nunha liga tan igualada.
Con esta primeira derrota, o Laber Xiria segue mantendo as opcións intactas nos postos altos da táboa clasificatoria, ocupando agora a segunda praza e esperando o derbi do fin de semana que vén ante o BM.Ártabro.
Laber Xiria: 26 (12+14). Antonio (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (6), Juan Carlos Rodríguez (7), José Pereira, Tito (2), Iván Calvo (8)-Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Roi Alfeirán, Antón Traba, Kevin Santos, Boja Rodríguez, Diego Morandeira, Andrés Vila.
Bueu ATL: 30 (17+13). Raul, Brais (4), De La Torre (1), David (8), José (8), J.Manuel (2), Carlos (6) -Equipo Inicial- Pedro, Abel(1), Javi, Iván, Manuel.
Marcador cada 5´: 3-1/6-5/7-10/9-14/11-16/12-17-Descanso-14-20/17-23/20-26/21-29/24-29/26-30-Final.
Colegiados: Mario e Oscar Fernández. Excluiron con dous minutos a Carlos Vilanova, José Pereira (2) e Iván Calvo por parte dos locais e a David, Carlos e Brais por parte dos visitantes.
Incidencias: Partido correspondente a novena xornada de liga da División De Honra en categoría xuvenil disputado no pavillón Carballo Calero ante douscentos seareiros.
Fotos do encontro:





