Derrota dos carballeses nun bo partido
Os erros de lanzamento, entre eles seis opción de sete metros erradas, foron definitivas para que o conxunto carballés caera derrotado ante o Arteixo Bm. Moi boa a progresión no…

Os erros de lanzamento, entre eles seis opción de sete metros erradas, foron definitivas para que o conxunto carballés caera derrotado ante o Arteixo Bm. Moi boa a progresión no xogo dos rapaces do equipo infantil de Marmolería José Rey ao longo desta liga, mellorando no eido colectivo, tanto ofensivo coma defensivo, e na toma de decisións, amosando que son un grupo cun bo percorrido por diante. Dende logo a baixa capacidade goleadora irá desaparecendo segundo o seu nivel físico vaia aumentando. A vindeira xornada descansa o equipo infantil da segunda autonómica.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón de Meicende ante 100 seareiros. Colexiado: Orlando Buelga do colexio galego. Sen complicacións.
PARRILLADA LA RONDA ARTEIXO BM 27 (14+13): Hugo, David, Brais, Carlos, Manuel, Henrique, Iago, Nicolás, Víctor, Matías, Trillo.
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 20 (10+10): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela (2), Paulo Collazo (1), Aaron Rodríguez (2), Javier Rodríguez (3), Carlos Varela (3), Fernando Mallo (7), Alejandro Santos, Pablo Esmorís, Diego Rodríguez (2).