PEGUFORM S.A.R. 34 – CALVO XIRIA 33
XORNADA 17 30/01/2010 PEGUFORM S.A.R. 34 – CALVO XIRIA 33 Peguform S.A.R. 34 (18+16): Yuri (p, 11 paradas), Eduardo (12/ 7 de 7m), Antón, Escudero (4), Luis Ron (8), Gustavo…
XORNADA 17
30/01/2010 PEGUFORM S.A.R. 34 – CALVO XIRIA 33
Peguform S.A.R. 34 (18+16): Yuri (p, 11 paradas), Eduardo (12/ 7 de 7m), Antón, Escudero (4), Luis Ron (8), Gustavo (3), Eloy (3) -equipo inicial- Daniel (p), Polaco, Brais, Agustín (2), José (1), Manuel (1) e Hugo.
Calvo Xiria 33 (10+23): Kike (p, 7 paradas), Ramón (2), Chimpo (5), Pablo (8), Christophe (1), Alberto (6/ 1 de 7m), Jesús –equipo inicial- Iago (p, 6 paradas), Ángel (1), Manu, Dubra (6 ) e Álex Zas (4 ).
Colexiados: Mohammed El Honrani e Sergio Escobedo Fernández (Colexio andaluz). Excluíron a Agustín (min. 6), Gustavo (min. 58), José (min.9 e 56), Eloy (min. 29), Ron (min 45) e Antón (min. 34) polos locais e a Ramón (min.13 e 57), Alberto (min. 21) e Ángel (min. 42 e 51) polos visitantes.
Parciais: 3-1, 6-4, 8-5, 11-6, 15-8, 18-10, (Descanso) 20-13, 24-17, 26-21, 27-25, 30-29, 34-33 (Final).
Primeiro tempo: 1-0 (Eloy), 2-0 (Ron), 3-0 (Escudero), 3-1 (Chimpo), 4-1 (Escudero), 5-1 (Ron), 5-2 (Chimpo), 5-3 (Christophe), 6-3 (Eduardo/ de 7m), 6-4 (Pablo), 7-4 (Eduardo), 7-5 (Alberto), 8-5 (Escudero), 9-5 (Gustavo), 9-6 (Ángel), 10-6 (Gustavo), 11-6 (Eduardo/ de 7m), 12-6 (Eloy), 13-6 (Ron), 14-6 (Gustavo), 14-7 (Álex), 14-8 (Ramón), 15-8 (Manuel), 15-9 (Álex), 16-9 (Ron), 17-9 (Ron), 18-9 (Eduardo), 18-10 (Alberto/ de 7 m).
Segundo tempo: 18-11 (Chimpo), 19-11 (Eduardo), 19-12 (Ramón), 20-12 (Eduardo/ de 7m), 20-13 (Pablo), 20-14 (Pablo), 21-14 (Eloy), 21-15 (Alberto), 22-15 (Ron), 22-16 (Alberto), 23-16 (Eduardo), 23-17 (Dubra), 24-17 (Eduardo/ de 7m), 25-17 (Ron), 25-18 (Pablo), 25-19 (Dubra), 25-20 (Alberto), 26-20 (Eduardo/ de 7m), 26-21 (Pablo), 27-21 (Eduardo), 27-22 (Dubra), 27-23 (Dubra), 27-24 (Alberto), 27-25 (Dubra), 27-26 (Dubra), 28-26 (Ron), 29-26 (Eduardo/ de 7 m), 29-27 (Álex), 29-28 (Chimpo), 29-29 (Álex), 30-29 (Eduardo/ de 7m), 31-29 (José), 31-30 (Pablo), 32-30 (Escudero), 32-31 (Pablo), 33-31 (Agustín), 33-32 (Pablo), 34-32 (Pablo), 34-33 (Chimpo).
7 Metros: Peguform S.A.R. 8 / 7 /// Calvo Xiria: 1 / 1
Partido pertencente á 17ª xornada de Liga en Primeira División Estatal celebrado no Pavillón Municipal de Redondela, popularmente coñecido como “a Bombonera”, no que o Calvo Xiria tras realizar unha segunda parte encomiable a piques estivo de rachar coa súa mala xeira de resultados. Despois de ir perdendo por 18-10 no descanso, conseguiu chegar a nivelar o marcador, aínda que finalmente non puido materializar a milagre e caeu derrotado ante o equipo local da Peguform S.A.R. por un único gol de diferenza.
Mal comezaron as cousas para o Calvo Xiria que non puido contar con Cuco e Iván, lesionados no adestramento do venres. O primeiro cunha escordadura nun nocello e o outro con molestias no lombo, non conseguiron recuperarse a tempo e tiveron que conformarse con ver o partido desde a grada. Os locais comezaron gañando de tres e dispuxeron dun par de balóns máis antes de que Chimpo conseguise o primeiro tanto carballés que chegou no minuto catro e medio (3-1). O Xiria foi aguantando esta diferenza ata o minuto once (7-5) pero semellaba aletargado e sen visos de mellora no seu xogo. Así, co ecuador desta primeira metade superado, os locais xa tiñan incrementado a súa vantaxe nun gol máis (9-6). A inédita defensa 6/0 que Marcos tivo que improvisar colocando a Ramón e Christophe no centro facía o que podía, pero en ataque continuaban os erros dos partidos anteriores e perdíanse moitos balóns destacando especialmente as malas seleccións no lanzamento. Así as cousas, a S.A.R. consegue asinar un parcial de 5-0 e no minuto vinte e tres manda xa por un contundente 14-6. A pesar da frescura que supuxo a incorporación do xuvenil Álex Zas nas entradas polo extremo, pouco antes do descanso os de Redondela selan unha nova tacada de tres tantos e alcanzan a máxima diferenza do encontro (18-9). Un lanzamento de sete metros transformado por Alberto deixou o marcador en 18-10 co que os xogadores se retiran a vestiarios, aínda que a S.A.R. dispuxo sobre a bucina dunha clarísima ocasión que desbaratou o gardameta Kike.
A situación despois do intermedio deu un xiro de cento oitenta graos. O Calvo Xiria, moi ben dirixido por Pablo, saíu sumamente motivado e xa era quen de xogar de igual a igual. Os de Redondela conseguiron aguantar o ritmo e a vantaxe ata o minuto 11 cando Luis Ron establecía o 25-17 no electrónico. A partir de aquí a falta de osíxeno comezou a facer mella no equipo de Carlos Rey e cunha defensa moi presionante por todo o campo o Calvo Xiria comezou a acurtar distancias. Un gol de Pablo pouco antes de cumprirse o minuto 45 deixa o marcador en 26-21. Con gran esforzo a SAR consegue, por mediación de Eduardo, aumentar a vantaxe a seis (27-21); pero en cinco minutos máxicos, con catro tantos de Dubra e un de Alberto, o Xiria consegue un parcial de 0-5 e colócase a un gol (27-26). Os carballeses movían o balón con gran rapidez sen dar tempo a que todos os xogadores da SAR chegasen para defender e no minuto cincuenta e catro Álex Zas nivela o taboleiro de marcas (29-29). Eduardo marca desde os sete metros e Yuri consegue deter o lanzamento do Xiria. No seguinte ataque Ron lanza á base do poste e o balón sae de banda. Nunha polémica decisión os árbitros conceden a posesión aos da SAR que aproveitan para irse de dous. En tres ocasións Pablo contrarrestou o goles locais e colocaba ao Xiria a un. Así faltando 45 segundos gañaban os da casa 33-32. Nos instantes finais marca a SAR e case sobre a bucina Chimpo establece o definitivo 34-33.