VIPECÓN XIRIA 33 – BM. PABELLÓN OURENSE 19
Vipecón Xiria 33 (16+17): Iván, Miguel (3), Luís (5), Ricardo (2), Heitor (2), Jorge Viñas (2) –equipoinicial- Eduardo, David, Bisbi, Javi (1), Jorge Bouzas (3), Álex (6), Martín (9). Bm…
Vipecón Xiria 33 (16+17): Iván, Miguel (3), Luís (5), Ricardo (2), Heitor (2), Jorge Viñas (2) –equipoinicial- Eduardo, David, Bisbi, Javi (1), Jorge Bouzas (3), Álex (6), Martín (9).
Bm Pabellón Ourense 19 (12+7): Cristian, Juan (4), Nilson (4), Aarón (3), Andrés, Rubén (1) -equipoinicial- Adrián (1), Diego (5), González (1), Brais, Fernando.
Colexiado: Pablo Portela e Gonzalo Piñeiro.
O Vipecón Xiria afrontaba a 14ª xornada de liga na División de Honra Cadete coa obriga de gañar para continuar na segunda praza, posición que dadereito a acudir ao campionato estatal. Ademais o rival era propicio, posto que o equipo ourensán chagaba a Carballo como colista.
O equipo de Carballo non podía contar para este encontro co internacional David que tiña molestias no abductor. Os de Fernando Vázquez, logo de un comezo de partido titubeante, amosaron a súa superioridade, incluso cos xogadores de primeiro ano. Os locais levaron a dianteira dende o minuto 15 e foron aumentando, paulatinamente, a diferenza no marcador a medida que avanzaba o encontro, superando aos ourensán en todas as fases do xogo. O resultado no descanso era de 16-12 a prol dos carballeses.
Na segunda metade o encontro transcorreu polos mesmos derroteiros e o Xiria foi ampliando a súa vantaxe ata o incontestable 33-19 que sinalaba o electrónico ao remate do partido. Destacar que todos os xogadores carballeses dispuxeron de minutos, raiando todos eles a un bo nivel.
O vindeiro encontro do Vipecón será fronte ao sempre perigoso Seis do Nadal, sábado ás 10.00 no Pavillón de Coia, Vigo.