PORTADEZA LALIN 29 – CALVO XIRIA 27
21/10/2007 PORTADEZA LALIN 29 – CALVO XIRIA 27 Portadeza Lalín (12+17) 29: Iago, Miguel (2), Bruno (7), Hugo (5), Nicolás (1), Julián, Cristian –equipo inicial- Alejandro (2), Santiago (1), Jesús,…
21/10/2007 PORTADEZA LALIN 29 – CALVO XIRIA 27
Portadeza Lalín (12+17) 29: Iago, Miguel (2), Bruno (7), Hugo (5), Nicolás (1), Julián, Cristian –equipo inicial- Alejandro (2), Santiago (1), Jesús, Manuel (5), Adrián (1), Roibas (5), Carlos.
Calvo Xiria (13+14) 27: Quique, Roberto (10), Cuco (5), Bruno, Dubra (2), Alex (1), Christophe -equipo inicial – Iago, Manuel, Pombo, Jesús, Sebastián (1), Pablo (3), Chimpo (5).
O Calvo Xiria disputou en Lalín o encontro correspondente á cuarta xornada do Campionato de Liga de Primeira División Autonómica sufrindo unha derrota por 29 tantos a 27, que o alonxa, aínda máis, da cabeza da táboa. No descanso o conxunto carballés vencía por 12 a 13 goles.
De novo tropeza o conxunto carballés cos mesmos problemas: falta de tino no momento no que o conxunto rival está nun momento de dubidas no seu xogo e segundos tempos nos que o seu rendemento baixa de forma notable.
O partido ante o Portadeza Lalín non escapou a este guión. Comezaron os dous equipos cometendo erros, quizais derivados da instalación na que se desenvolveu o partido, un pavillón dun instituto sen gradas, máis co paso dos minutos e unha vez esquecida esta situación os carballeses acadaron as primeiras diferenzas que chegaron a ser de catro goles a favor e non medraron máis por erros en situacións que precisaban dunha maior contundencia na súa definición. O Portadeza non desaproveitou estes regalos e meteuse de cheo no encontro chegando ao descanso tan só un gol por debaixo, o que semellaba un resultado moi bo ante as prestacións que dera durante vintecinco minutos.
A segunda metade non cambiou nada ata que o porteiro local empezou a súa particular exhibición que se prolongou durante vinte minutos nos que o partido cambio pouco a pouco de signo. As perdas e precipitacións por parte dos carballeses mudábanse en rápidos e letais contraataques por parte dos locais que se puñan por diante no marcador a falta de dez minutos e que a partir dese intre dominaron o tempo do partido e conseguiron os seus dous primeiros puntos.
Por parte do Calvo soamente subliñar o bo facer dos seus porteiros, Quique e Iago, que mantiveron con opcións ao seu equipo ata o derradeiro minuto.
Os colexiados Srs. Del Río e Eiras fixeron unha boa laboura, pasando desapercibidos durante todo o encontro.