Previa – Comeza o espectáculo do Balonmán 5!

Previa – Comeza o espectáculo do Balonmán 5!

1ª Nacional

Este domingo 9 de novembro ás 13:00 h no Pavillón O Gatañal, o Automanía Luceros recibe ao Calvo Xiria nun desafío de altura na 1ª Estatal. O Xiria chega con gañas de confirmarse fóra da casa e mostrar constancia ante un rival cuxo bloque está reforzado e que compite con intensidade como local, tal e como o seu curso amosa.

O Calvo Xiria deberá controlar o ritmo, evitar as transicións rápidas do Luceros e aproveitar as súas ocasións cun xogo ordenado e agresivo. O Luceros, pola súa banda, utilizará a súa pista e tradición para impoñer ritmo e dificultar a vida aos visitantes. Agárdase un partido vibrante, con moita batalla defensiva e alternativas no marcador. Para o Xiria será clave manterse concentrado ata o final e non permitir concesións ante un rival que non perdoa erros.

Un encontro para non perder na vila Canguesa. ¡Forza Xiria!

1ª Autonómica Feminina

Este sábado 8 de novembro ás 19:00 h no Pavillón Fontenla de Santa Comba, o BM Xallas recibe ao Calvo Xiria nun partido clave da 1ª Autonómica feminina. As carballesas chegan con ilusión e ambición, tras un arranque no que xa demostraron que combinan moita garra e traballo en equipo.

Enfronte estará un Xallas que conta con experiencia na categoría e ao que lle motiva a revancha tras o encontro de Copa Federación da tempada anterior, onde o Calvo Xiria perdeu por pouca diferenza. O encontro promete intensidade, ritmo e emoción do comezo ao final. Para as nosas xogadoras será fundamental manter a calma nos momentos de presión, aproveitar os contraataques e contar coa forza do bloque defensivo.

Unha gran oportunidade para sumar fóra de casa e continuar a crecer no comezo de liga.

1ª Autonómica Masculina

Este sábado 8 de novembro ás 19:45 h no Pavillón Vila de Noia, o Calvo Xiria B recibe ao O Grove Paraíso Rasoeiro BM nun duelo crucial da 1ª Autonómica Masculina.

O equipo de Carballo chega despois de varias xornadas intensas nas que amosou carácter, entrega e gran disposición para mellorar día a día, aínda que os resultados non acabaron de acompañar. Chega o momento de facer valer o factor casa, implicar á grada e traducir o seu esforzo en goles e puntos.

Enfronte estará O Grove Paraíso Rasoeiro que presenta un bloque resistente e eficaz cuxos resultados recentes amosan que non pode ser infravalorado. O duelo promete ser físico, con ritmo alto e con accións que se decidirán no detalle. O pavillón estará listo para vibrar, toca apretar e facer da casa un escudo.

Liga Ouro Xuvenil

O Hierros Varela Urbieta Xiria regresa ao Vila de Noia coa motivación de seguir medrando e medirse a un dos equipos referencia da categoría, o Buenas Migas Luceros, que chega con moi boas sensacións nesta primeira parte da tempada.

O Xiria continúa traballando con paso firme, alternando boas actuacións e momentos de aprendizaxe, pero sempre con identidade: defensa, velocidade e xogo colectivo. Ante un rival que destaca polo seu potencial ofensivo e pola capacidade de castigar calquera despiste, os carballeses deberán mostrar concentración, carácter e cabeza fría. Os de Carballo queren dar un paso adiante e seguir demostrando que o traballo constante sempre dá froitos.

Por outra banda, o Grupo Lemaco Xiria, que viaxa a Vigo para enfrontarse a un dos equipos máis sólidos da categoría, o Calfrima Carballal. As carballesas seguen a súa aprendizaxe nunha liga esixente, na que cada partido é unha oportunidade para medrar, gañar experiencia e consolidar o traballo que o equipo vén desenvolvendo semana tras semana.

O Carballal chega como un dos conxuntos máis competitivos do grupo, cun xogo alegre e ofensivo, e coa súa pista como un escenario complicado para calquera rival. Pero o Xiria chega con ilusión e coas ideas claras: defender con intensidade, manter o ritmo e atopar na unión do grupo a súa mellor arma. Toca loitar, competir e seguir construíndo o camiño.

Liga Prata Cadete

O Montaxes Carballo Xiria Verde regresa á competición este domingo diante da súa afección, disposto a manter a boa dinámica que o está a consolidar como un dos conxuntos máis sólidos do Grupo E da Liga Prata.

Despois de dúas vitorias convincentes a domicilio, os rapaces de Carballo queren seguir amosando o seu carácter competitivo e o traballo colectivo que os define: defensa intensa, ritmo alto e unha gran conexión entre todas as liñas do equipo.

En fronte estará o BM Línea21 Auto Escola Copaco, que tamén chega nun bo momento de forma tras comezar o curso con triunfos de mérito. Espérase un encontro vibrante no Fogar, con dous equipos que teñen claro o camiño: competir, aprender e seguir medrando dende o compromiso e a paixón polo balonmán

Pola súa parte, o Grupo Lemaco Xiria viaxa este sábado á Coruña para medirse ao BM Brigantium Nunegal, nun novo capítulo dunha tempada que está a deixar moi boas sensacións nas filas verdinegras.

As xogadoras do Xiria veñen demostrando un gran nivel de xogo e unha evolución constante, combinando intensidade defensiva, velocidade nas transicións e unha actitude sempre competitiva. O obxectivo segue a ser o mesmo: seguir medrando partido a partido e poñer en práctica o traballo realizado durante a semana.

As carballesas afrontan o partido con confianza e ganas de seguir sumando boas sensacións. Outro paso máis no camiño da aprendizaxe, do traballo e da ilusión que move a nosa base

Liga Prata Infantil

Nova cita na casa para o Maquisaba Xiria, que chega nun bo momento de forma e con moitas gañas de seguir medrando xuntas. As carballesas afrontan o encontro coa confianza que dan os últimos resultados e coa ilusión de ofrecer unha gran mañá de balonmán no Vila de Noia.

Enfronte estará o BM Línea21 Mi Barrio, un rival de alto nivel que tamén chega invicto e coas ideas moi claras no seu xogo. Prométese un duelo intenso, entre dous equipos que apostan pola velocidade e o xogo combinativo.

O Garaysa Xiria regresa á casa coa intención de volver á senda da vitoria tras unha saída moi igualada. O conxunto carballés continúa a consolidar o seu estilo: defensa firme, transición rápida e moita solidariedade no esforzo.

O BM Línea21 Congelados Mourelle visita Carballo como un dos equipos máis completos da categoría, polo que se espera un encontro vibrante, cheo de ritmo e alternativas.

O Tubasys Xiria, que viaxa á Coruña para enfrontarse a un BM Brigantium Nunegal que chega en boa dinámica.

As carballesas están a mostrar unha gran evolución nas primeiras xornadas, cun xogo alegre e moito compromiso en defensa. O equipo afronta o desprazamento con ilusión e coa mentalidade posta en seguir mellorando cada fin de semana.

O Garaysa Xiria B desprázase á Coruña para medirse ao OAR Ciudad 1952, un clásico da categoría que sempre propón partidos moi disputados.

Os carballeses seguen acumulando experiencia e minutos de calidade, demostrando unha evolución constante tanto no xogo colectivo como na actitude competitiva.

Liga Alevín e Benxamín

Esta fin de semana os nosos equipos benxamíns e alevíns volven ás pistas para dar comezo ás súas respectivas ligas, cheos de ilusión, enerxía e moitas gañas de pasalo ben facendo o que máis lles gusta: xogar ao balonmán.

Os máis pequenos da familia Xiria estrean competición en diferentes pavillóns da comarca e da provincia, representando os valores do noso club: compañeirismo, esforzo e diversión en equipo.

👉 HERFRAGA XIRIA, AGUAS DO PARAÑO XIRIA, HORBESA XIRIA, CLÍNICA DENTAL MARÍA GÓMEZ XIRIA, INSPLABER XIRIA e CLÍNICA VETERINARIA GRAN VÍA XIRIA serán os protagonistas dunha xornada chea de emocións e aprendizaxe.

E tamén o ALEVÍN 7 – ASESORÍA CERVANTES XIRIA afrontará o seu segundo partido de liga, visitando ao OAR 1952 no pavillón San Francisco Javier (sábado 9:30 h), nun duelo entre dous equipos que comezaron a competición con vitoria e moitas boas sensacións.

O futuro do noso balonmán xa está en marcha… 💚