Previa do 4-5 febreiro

1ª Estatal
O Calvo Xiria viaxa ata Tenerife para enfrontarse ao Bm Tejina. Equipo compacto no armazón defensivo e con variedade táctica no posicional; que esixirá ao Calvo Xiria ser forte ao 1×1 e pechar ben as liñas de pase co pivote. No ataque posicional; a velocidade e a mobilidade son importantes para buscar espazos que outorguen unha boa selección de lanzamento. O equipo loita contra vento e marea, sen mirar á enfermería e confía nas súas posibilidades en cada encontro. O partido disputarase o sábado ás 20:00 en horario peninsular, no pavillón IES Antonio González De Teijna.

1ª Autonómica Feminina
O Calvo Xiria, líder de primeira autonómica, xogará o sábado ás 18:30 no municipal de Lalín, diante do Coreti Lalín. Un desprazamento sempre complicado para nosas xogadoras; que están a facer todo un despregamento físico estas últimas semanas para tratar de competir en cada partido.

Categorías Base: Liga Ouro
O sábado, ás 10:00 no Ceip Fogar, abrirá a xornada o Garaysa Xiria
ante Abegondo Opemat. O equipo deu progresado e vai a máis na
competición. Seguidamente, ás 11:15 o Nordata Xiria enfróntase ao
U.B. Lavadores Vigo. Quere quitarse a espiña da semana anterior en
Redondela.
O domingo ás 10:00, ALS Xiria A, viaxa a Vigo para enfrontarse ao
Iberconsa Bm Reconquista, nas Travesas. A defensa ten que seguir
sendo, os cimentos para competir cada partido. Ás 12:30, no Vila de
Noia, Hierros Varela Urbieta Xiria xoga contra o Ub Lavadores Vigo,
mirando de novo á quinta praza da clasificación como obxectivo, nesta fin de semana. E por último ás 17:30, no Ceip Fogar o Grupo Lemaco Xiria A enfróntase ao Bm Abegondo Siem. Os de Carballo queren a segunda praza.

Categorías Base: Liga Prata
O sábado ás 10:30 no Ceip San Benito De Lérez, en Pontevedra,
Tubasys Xiria enfróntase ao E.d. Poio Artai. Ás 12:30, no Ceip Fogar,
Punta del Este Xiria enfróntase ao Millaven Centro Xardín Cp Lucense. Mentres pola tarde, tamén no Ceip Fogar, ás 19:00, ALS Xiria B mídese ao Bm Línea 21 A2IC Celulosas.
O domingo ás 10:30, no Vila de Noia, o Grupo Lemaco Xiria B, xogará contra Bm Culleredo Galaico Caravaning e ás 12:00 o Garaysa Xiria B, remata a primeira fase da competición, no pavillón Valle Inclán, en Oleiros, contra o Club Balonmano Atlántico.

Categorías Base: Escolas Balonmán Xiria
Na categoría de alevín 7, o sábado ás 10:00 no Vila de Noia, ALS Xiria xoga contra Club Balonmano Atlántico e ás 12:30 na Casa de Deporte, de Lugo, xogan Cp Lucense e Reneymar Xiria B.
O domingo, no Ceip Fogar, Garaysa Xiria xoga contra Bm Abegondo
Súmate ás 10:00. Mentres ás 10:30 no pavillón San Marcos xogan Bm Abegondo F40 e Reneymar Xiria A.

Na categoría de BM5 que se disputa o sábado pola mañá en Culleredo, no pavillón de Tarrío, o Insplaber Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, xogarán contra Línea21 e Culleredo Bm, respectivamente; mentres Telepizza Xiria e Óptica Auris Xiria enfrontaranse o venres ás 16:15 no Pav. CEIP Fogar.

RESULTADOS, STREAMING…