Primeira derrota do Goldie Xiria diante do Carballal 15-30

Goldie Xiria 15 – A.D. Carballal 30 ((8-16)

Goldie Xiria 15: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 1 , Natalia Solís, Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 3, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 3, Patricia García e Zeltia Landeira

A.D. Carballal 30: Raquel e Sofía (porteiras), Ines 6, Laura 7, Paula 2, Andrea, María 1, Beatriz 2, Yolamda 5, Villaroel 7, Sandra e Simois

Marcador cada 5 min .:   /2-5/   /2-9/   /2-10/ /4-12/   /6-14/   /8-16/ /9-21/   /10-22/   /12-25/   /13-25/ /13-27/   /15-30/

Arbitraron: Alfredo Balado e Andrés Hermida, bo arbitraxe, sen exclusións.

150 espectadores no Pavillón Vila de Noia.

O Carballal demostrou en Carballo, o porqué é un dos favoritos a facerse co campionato de liga, tan so tardaron 10 minutos, nos que coa presión da súa defensa, as intervencións en portería, e con uns contraataques demoledores rompían o encontro para situar un inicial 2 a 9 no marcador.

A remolque tivo que xogar o resto do encontro o Goldie Xiria, ben asentado na súa defensa, pero incapaz de facer dano ao seu rival a base de ataques moi enredados e sen verticalidade, o que non frutificaba en lanzamentos cómodos ante a acertada porteira contraria, e daba as máis das veces, facilidade para o contraataque.

Mellorou co paso dos minutos o Xiria, aguantando máis o balón en ataque, combinando coas pivotes e resolvendo polos extremos, non pasaba o mesmo no centro da defensa do carballal que unha e outra vez desbarataba os intentos da primeira liña do Goldie. As diferencias tanto de marcador como de xogo, pasaron factura ao final con ese contundente 15 a 30 para as viguesas.

Salientar o debut de Aida Cangas na portería carballesa, en un complicado encontro, pero con accións moi aplaudidas desde a bancada.

A vindeira semana o Goldie Xiria visitará ao Auria Ourense, un partido máis asumible para o equipo.