Primeira derrota dos xuvenís de Xiria

Os xuvenís de Escolas Balonmán Xiria, perderon a súa imbatibilidade despois de catro xornadas na sempre difícil cancha do BM.Lalín. Os carballeses, que tardaron vinte minutos en entrar no encontro, amosáronse erráticos e irregulais ao longo deste e sempre estiveron lonxe do nivel  de anteriores ocasións. O exceso de accións individuais e a pobre circulación de balón no ataque posicional, penalizaron a un conxunto que, no día de hoxe, non actuou como tal, feito que facilitou moito o labor dos locais.

Os dezanos, pola contra, saíron moi motivados ante a visita do lider, impoñendo o ritmo que lles conviña dende o principio, coa batuta da dirección nas máns de un maxistral Román.

Os verdibrancos, nunca encontrarían o seu nivel de xogo, pero a base de orgullo e intensidade, nos últimos dez minutos do primeiro acto conseguirían igualar o partido (14-14).

Na reanudación, os primeiros dez minutos serían de absoluta igualdade e mesmo os bergantiñáns, desprezarían varias ocasións para poñerse por diante no marcador. As precipitacións e os erros encadeados, rematarían por condenar a aqueles, que vían como os de Lalín lles endosaban un parcial de 9-2 en quince minutos que daba por finiquitado o envite.

As vinte perdas de balón que acumularon os xuvenís de Xiria, foron a definitiva sentenza contra un BM.Lalín que amosouse moito máis competitivo e concentrado co seu rival no día de hoxe, desenvolvendo un bo balonmán e impoñendose con autoridade.

O proximo fin de semana, os xuvenís de E.BM.Xiria recibirán a outro dos aspirantes o título, o potente Teucro de Pontevedra.

Clínica Deza Lalín: 30 (14+16). Uxío, Aron (10), Román (7), Xabier (4), Dani (2), Pablo (2), Javi (2)-equipo inicial-Antonio (1), Iago, Blanco (1), Oscar (1), J.Manuel, Lucas, Pedro.

E.BM.Xiria: 23 (14+9). Dani Buño, Iván Campos (6), Daniel García (1), Enrique Pena (6), José Pereira (4), Iván Calvo, Gabriel Castiñeiras (2)-equipo inicial-Alejandro Figueroa, Damián Rodríguez (1), Borja Rodríguez (1), Andrés Barca, Borja González, Diego Gago (2).

Resultado cada 5´: 3/1, 5/3, 8/5, 11/8, 13/11, 14/14-Descanso-16/16, 19/19, 22/19, 25/20, 27/21, 30/23.

Árbitros: Alberto Isidro, Adrián Quintela. Excluiron con dous minutos a Aron e Antonio polos locais e a José Pereira polos visitantes. Non influiron no resultado do encontro.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Lalín Arena e que contou coa presencia de trinta afeccionados nas súas bancadas.

Clasificación 4ª xornada:

juveniles lalin