Coma se se tratase de dous partidos calcados, os cadetes de Xiria, ao igual cos seus compañeiros de xuvenís, entraban ao encontro que lles enfrontaba ao BM.Lalín, fríos e con moi pouca intensidade. En apenas cinco minutos, os locais tomaban a dianteira, aproveitandose da gran envergadura do seu pivote a as facilidades defensivas que concedía o conxunto carballés. Non ía mellor a cousa no ataque, xa que o xogo excesivamente individualista e a pouca mobilidade dos xogadores, facilitaba os contactos e as interceptacións por parte da retagarda contraria.
Entre os minutos quince e vinte deste primeiro tempo, os dezanos conseguían un parcial de 5-1 que lles daba unha importante renda a así se marchaban o descanso cunha ampla vantaxe de sete goles (19-13).
Pero as cousas cambiarían no segundo acto e aína sen amosar un bo xogo, os bergantiñáns subirían unhas marcha máis no seu afán por competir. A intensidade era agora moito más alta e a mobilidade dos xogadores, comenzaba a aparecer. O Grupo Lemaco acurtaba diferenzas ata poñerse a tan só un gol, pero xusto cando as cousas pintaban mellor, as precipitacións e os erros voltaban a aparecer. En dúas situacións nas que o conxunto do BM.Lalín se quedaba con tan só catro xogadores na pista, conseguirían, de xeito incomprensible, un 1-0 de parcial na primeira e un 0-0 na segunda, feito que poñía moi costa arriba as esperanzas dos visitantes. A diferenza, seguía a ser pequena, pero por desgraza para os intereses dos de Carballo, non había tempo para máis e os locais quedaban cos dous puntos en xogo (30-28).
O fin de semana que ven, o Grupo Lemaco Xiria, recibirá en Carballo o potente Teucro de Pontevedra.
BM.Lalín: 30 (19+11). Antón, Pedro (3), Alberte (3), Daniel (9), José (4), Brais (8), Roi (3)-equipo inicial-David, Manuel, Miguel, Simón, Mario.
Grupo Lemaco Xiria: 28 (13+15). Antonio Mato, Roi Alfeirán, Fran Rey (2), Juan Carlos Rodríguez (12), Carlos Vilanova (1), Andy Rey (3), Andrés Vila (8)-equipo inicial-Sergio Pombo (2), Xurxo Rey, Daniel Esmorís, José Varela, Antón Traba, Ronaldo Drurán, Manuel Souto, Mario Lema.
Resultado cada 5´: 3/3, 6/4, 9/7, 14/8, 16/11, 19/13-descanso-21/16, 23/20, 25/23, 27/23, 28/25, 30/28.
Árbitros: Adrián Quintela e Alberto Isidro. Excluiron con dous minutos a Pedro (2), José, Simón e Roi polos locais e a Andrés Vila e Roi Alfeirán polos visitantes.
Incidencias: Partido correspondente a cuarta xornada da División de Honra galega en categoría cadete e disputado no pavillón Lalín Arena ante a presenza de trinta afeccionados.
Clasificación 4ª xornada: