Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Primeira vitoria do Calvo Xiria no Vila de Noia

Segunda xornada de liga e segunda vitoria para o Calvo Xiria seguindo o mesmo guión. Trinta minutos de moita concentración, intensidade e xogo colectivo para deixar sentenciado o encontro, e…

Segunda xornada de liga e segunda vitoria para o Calvo Xiria seguindo o mesmo guión. Trinta minutos de moita concentración, intensidade e xogo colectivo para deixar sentenciado o encontro, e trinta minutos de deixar correr o tempo xogando ca diferenza no electrónico. Aguantou o Teucro no partido mentres o seu porteiro tivo baixo control aos lanzadores carballeses. Unha vez que afinaron a súa punteira os verdinegros, comezaron a marcar diferenzas no marcador que, unido ao xogo despregado por uns e outros no Vila de Noia na tarde do sábado, deixaba ben ás claras cara onde marcharían os puntos en xogo. Unha defensa con moitas anticipacións, evitar perdas nas contras e un xogo ofensivo cas ideas claras sentenciaron ao conxunto pontevedrés. No segundo tempo baixou moito as súas prestacións o Calvo Xiria, que se dedicou a contemporizar e evitar poder ter calquera susto no que faltaba de partido.

A vindeira xornada desprázase o Calvo Xiria a Chapela para xogar ante un dos rivais da liga que máis se reforzou esta tempada. Será o sábado ás 18:30.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante preto de 300 seareiros. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez, Abel Juncal López do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Julián López (31´, 43´), Hugo Rodríguez (52´), namentres polo SD Teucro Asegrup foron sancionados Miguel Novo (8´), Tomás Gehrhardt (26´), José Pedreira (46´). 7 metros: Calvo Xiria 2//2 SD Teucro 1//4. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 7-2, 9-4, 12-5, 15-6, 19-8, descanso, 22-12, 25-14, 29-18, 31-19, 32-22, 36-26.

CALVO XIRIA 36 (19+17): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (1), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (1), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (4), Julián López (3), Gonzalo Pombo, Mario García de Seárez-Fidalgo (1), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (6), Javier Rodríguez (3), Miguel Suárez-Pumariega (6), Hugo Rodríguez (3).

SD TEUCRO ASEGRUP 26 (8+18): Héctor Gil [p], Martín Tarrío [p], Alejandro Gómez (2), Aser Costal (2), Adrián Pumar (5), Sergio Doval (4), Sergio Lorenzo (2), Luis Araujo, José C. Ameijeiras (1), David Rey (1), Santiago Garrido (1), Tomás Gehrhardt, Miguel Novo (3), José Pedreira (2), Alberto Garrido (3).

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto