Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Complicado desprazamento para o Calvo Xiria

Duro partido para o Calvo Xiria este sábado ante o Bm Chapela. Un rival que realizou moitas incorporacións pensando en conseguir o ascenso a División de Honra e que acadou dúas…

Duro partido para o Calvo Xiria este sábado ante o Bm Chapela. Un rival que realizou moitas incorporacións pensando en conseguir o ascenso a División de Honra e que acadou dúas vitorias, ao igual que os bergantiñáns, no inicio de liga.

O nivel de esixencia será máximo para os carballeses, ante un equipo con moita capacidade antropométrica, que desenvolve unha durísima defensa 6:0 moi pechado aproveitando a altura dos seus xogadores e que no ataque presenta moita capacidade de lanzamento e un xogo cos pivotes do mellor da categoría. Manterse fiel a súa filosofía de xogo, con moita velocidade no desprazamento do balón, unido ao traballo colectivo, e por suposto recuperar balóns para ter opcións de contraataque, vai ser vital para acadar os puntos en xogo. O partido comezará o sábado ás 18:30 no Pavillón Municipal de Chapela.

As rapazas do Goldie Xiria disputan a segunda xornada de liga, desta volta será o seu estreo no Vila de Noia. A rival, Bm. Porriño, é un dos equipos máis fortes dos grupos das carballesas, que si xa tiñan por diante unha difícil tarefa, esta vai complicarse máis polas baixas cas que se presenta o equipo local. O partido está programado para o sábado ás 18:00 no Vila de Noia.

Máis sobre isto