PROCASA XIRIA 22 – ESC. MPAL DE CAMARIÑAS 30

Non podemos poñer a táboa de xogadores e goleadores debido a que por segunda vez na temporada non compareceu ningún colexiado no pavillón da Zona Escolar e polo tanto non existe acta do encontro.

A Esc. Mpal. de Camariñas, un dos favoritos xunto co OAR para facerse co título de copa impúxose ao Procasa Xiria na ida das semifinais de copa en categoria infantil. Os camariñáns gañaron con moitas facilidades e de forma incontestable ante un equipo carballes falto de intensidade e actitude.

A vitoria visitante fraguouse dende os primeiros minutos. A defensa dos de Carballo non era quen de frear as acometidas dos camariñans,e os multiples erros en ataque facían que o equipo visitante cobrara moi pronto unha substancial vantaxe grazas aos seus rápidos contraataques.

A segunda metade transcurreu polos mesmos derroteiros, o Camariñas demostrou en todas as facetas do encontro a sua superioridade, o que lle levou a conquerir un marcador final abultado (22-30) que se antolla practicamente imposible de remontar para os de Carballo no partido de volta a celebrar en terra camariñá.