PROCASA XIRIA 24 – JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 32

Procasa Xiria: 24 (15+9): Martín, Rubén (4), Chouciño, Joaquín (2), Luís García (3), Calvete (2), Mario (1), Damián (2), Jose A. (1), Ricardo (3), Luís Iglesias.

José Enseñat : 32 (14+18): Alberto, Brais, Cristian (2), Abel (5), J. Ángel (2), Darío García (3), Andre (11), Rubén (2), David, Fernando, César, Miguel, Alejandro (6) e Darío Nerga (1).

Colexiados: Andrés Sanjurjo y David Rodríguez.

O Procasa Xiria recibía, na 12ª xornada da fase polo título na 2ª División Cadete, ao José Enseñat Cangas, equipo ao que os carballeses venceran por un só gol de diferenza no partido da 1ª volta desta fase.

O encontro comezaba, como moitos outros, con un Xiria ao que lle costaba coller bo ritmo de xogo, deste xeito o Procasa comezou cedendo unha vantaxe de ata 4 goles alá polo minuto 5. Pero, pouco a pouco, foi recurtando esa distancia, sen chegar a facer tampouco un gran xogo, xa que os despistes en defensa eran demasiados e moi claros e o ritmo das transicións e a velocidade de balón non chegaban ao que nos ten afeitos. Iso mantivo ao Cangas metido no partido ata chegarse ao intermedio con un 15-14 a prol dos de Carballo. Unha vantaxe escasa que non decantaba a balanza para ningún equipo cara á segunda metade.

Dende a reanudación todo foi un quero e non podo, a falta de concentración ía a máis a medida que o partido se ía complicando. Demasiados despistes en defensa que adoitaban rematar en goles doados para os visitantes, tamén moitos erros de lanzamento, de pase… En definitiva, unha segunda metade para o olvido que nos ten que servir de exemplo do que non ten que volver a pasar.

Dos erros sempre se aprende e se sae máis forte, seguramente o Xiria demostrará como sabe xogar e desplegará todo o seu potencial no seu último partido desta tempada como local, será a vindeira xornada fronte ao Bm Porriño. Esperamos ver por alí aos seareiros carballeses para despedir ao equipo e agradecer o seu esforzo que, pese a estes baches sufridos, vai dando os seus froitos.