Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 33 – BM PORRIÑO 32

Procasa Xiria: 33 (18+15): Martín, Chouciño, Joaquín (5), Luís García (3), Calvete (3), Damián, Mario, Jose A. (1), Rubén (5), Ricardo (5), Julián (11). Bm Porriño: 32 (16+16): Romero (8),…

Procasa Xiria: 33 (18+15): Martín, Chouciño, Joaquín (5), Luís García (3), Calvete (3), Damián, Mario, Jose A. (1), Rubén (5), Ricardo (5), Julián (11).

Bm Porriño: 32 (16+16): Romero (8), Manuel (3), Israel, Hugo (5), Lucas (2), Jorge (5), Brais (1), Miguel, Xoán, Sergio, Carlos (8), Gonzalo, Matthiou.

Colexiados: David García Pichel e Iago Lavandeira.

O Procasa Xiria recibía, na penúltima xornada da fase polo título na 2ª División Cadete, ao 2º clasificado na loita polo título, o Bm Porriño, que necesitaba facer o mesmo resultado que o Rasoeiro para ter opcións ao título na derradeira xornada na que tiñan un enfrontamento directo na pista porriñesa. A vitoria do Procasa unida á do Rasoeiro sobre o Teucro deixaba ao Porriño sen opcións obtendo así o título o equipo do Grove. O partido era o último desta tempada como local e tiña, polo tanto, un certo sabor a despedida pero sobre todo respirábanse as ganas de deixar un bo recordo.

O encontro comezou tarde debido á ausencia dos colexiados, os dous equipos acordaron non suspender o partido e que foran dous rapaces da base do Xiria, o cadete David García e o xuvenil Iago Lavandeira, os que arbitraran, que pese aos nervios e ás protestas do público actuaron moi correctamente.

O Procasa Xiria comezaba moi concentrado en defensa con un 5-1 moi plano con Joaquín ou Rubén Anes facendo de home avanzado. En tarefas ofensivas os locais andaban un pouco máis atascados contra a 6-0 do Porriño, pero a determinación e a forza de Julián (7 goles na primeira metade) bastaban para atopar ocos que aproveitar na defensa. Pouco a pouco fóiselle collendo a medida e a fluidez nas circulacións de balón axudaba a atopar boas situacións de lanzamento. A defensa tamén estaba a funcionar, con un Luís García, como case sempre, maxistral no centro da 5-1 e con Martín acertadísimo baixo os paos. Así chegouse ao descanso cunha vantaxe de 2 goles que deixaba aínda todo en xogo para a segunda metade.

Este segundo tempo foi moi igualado durante os 30 minutos, con pequenas alternancias no marcador que non chegaron a decantar o partido en ningún momento. O Xiria aguantaba ben as embestidas do Porriño que baseou máis o seu xogo en accións individuais, a miúdo, ben interpretadas polos xogadores locais. En defensa o Porriño tamén probou varios sistemas que non lle deron resultado, nin o cambio fugaz a 5-1 nin as defensas mixtas sobre os primeiras liñas do Xiria.

Ao final victoria pola mínima nun partido moi complicado contra un gran rival e que lle da ao Procasa Xiria a seguridade de acadar a 5ª praza do Campionato, por debaixo do Tirso de Ferrol, 4º clasificado e próximo rival, no que será a última xornada ligueira. Moita sorte na vosa despedida.