PROCASA XIRIA 26 – EPAAT OLEIROS 19

30/01/2005 12ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Naya, Iván (2), Andrés (1), Diego (5), Néstor, Zas (6), Rodrigo (8), Óscar (2), Dani, Pombo (2), Mecías, Brais, Borja.

Partid xogado de poder a poder por dous dos conxuntos, xunta con Camariñas, favoritos para o título. Comezaron fortes os dous equipos e os ataques impuñanse sobre as defensas, os de Carballo non eran capaces de frear ó lateral dereito do Oleiros e os de Pitu non podían para-lo contragolpe ben levado polos locais. O marcador movíase con curtas rendas para os carballeses ata o derradeiro cuarto onde os de Fernando Vázquez axustaron a súa defensa.

6-4 / 8–7 / 5-5 / 7-3

Os colexiados David Rodríguez e Manuel Saavedra tiveron unha boa actuación agás no derradeiro cuarto onde encadearon tres o catro erros importantes aínda que sen influencia no resultado.