PROCASA XIRIA 26 – SD TEUCRO CAIXANOVA 29
Procasa Xiria: 26 (16+10): Martín, Joaquín (6), Iván, Luís García (2), Calvete (8), Damián (2), Mario, Jose A., Rubén (2), Ricardo (5) e Luís Iglesias (1). SD Teucro: 29 (14+15):…
Procasa Xiria: 26 (16+10): Martín, Joaquín (6), Iván, Luís García (2), Calvete (8), Damián (2), Mario, Jose A., Rubén (2), Ricardo (5) e Luís Iglesias (1).
SD Teucro: 29 (14+15): Carmelo, Marcos (1), Rodrigo, Jose C. (6), Carlos (6), Miguel (4), Manuel, Santiago (8), Tomás, David C. (1), Jacobo (1), David T. (2).
Colexiados: Alberto Picallo.
Partido correspondente á 2ª xornada de liga, que fora aprazado a fin de semana pasada polo temporal que ía azotar Galicia, no que o Procasa Xiria se enfrontaba a un rival descoñecido este ano, a SD Teucro que se clasificou para esta 2ª Fase como 2º do seu grupo.
O Xiria saíu con moitas ganas de esquecer a súa derrota de onte contra o Rasoeiro e dende o comezo do partido plasmou esas ganas no campo amosando carácter e saber facer. Os primeiros compases do partido estiveron marcados pola igualdade no marcador e polos vaivéns de ambos equipos que en poucos minutos pasaban de gañar a perder de 2 goles. O Xiria afinaba en ataque, pero non tiña a dureza defensiva necesaria e o Teucro, mediante accións individuais, conseguía gol con relativa facilidade. Tras unha primeira metade con moitos cambios tácticos por parte dos dous equipos o Procasa logrou impoñerse e levar ao descanso unha vantaxe de 2 goles, que poderían ser máis se non fora polos lanzamentos errados 1×1 contra o porteiro, pivote, 7 metros…
Tras a reanudación o Teucro ía atacar con toda a súa artillería e non tardaría en colocar un empate no marcador. A partir de aí os visitantes dominaron a segunda metade sen chegar tampouco a acadar unha diferenza clara. Os locais empurraban en ataque pero non afinaban en defensa e ao Teucro seguíalle sen custar demasiado anotar. Xa dende a primeira metade do encontro víase que o trunfo íao levar o equipo que se mantivera máis constante de cara ao final do partido, e así foi. Aínda que o Xiria dominou no marcador durante gran parte do duelo, na recta final perdeu fuelle e non foi quen de frear as accións individuais dos xogadores do Teucro que mantiñan vivo ao seu equipo.
Ao remate un 26-29, unha derrota dolorosa pero que debe servir para aprender que é tan importante ou máis dominar en defensa que en ataque, e traballaremos para que así sexa.