Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 38 – BM PORRIÑO 28

XORNADA 23 13/03/2010 CALVO XIRIA 38 – BM PORRIÑO 28 Calvo Xiria 38 (20+18): Kike [p, 18 paradas/ 2 de 7m]; Alberto (13/ 2 de 7m) Manu (2), Chimpo (4),…

XORNADA 23

13/03/2010 CALVO XIRIA 38 – BM PORRIÑO 28
Calvo Xiria 38 (20+18): Kike [p, 18 paradas/ 2 de 7m]; Alberto (13/ 2 de 7m) Manu (2), Chimpo (4), Dubra (1), Iván Amarelle (2), Cuco (2) –equipo inicial- Iago [p], Pablo (7/ 2 de 7m), Ramón (1), Christophe (2), Ángel, Jesús, Dubra e Álex Zas (4)

Bm Porriño 28 (15+13): Antón [p, 3 paradas]; Aitor Freiría (2/ 1 de 7m), Marcos Martínez (7), Adrián Freiría, Rubén Soliño (4), Alberto López (1), Álex Malvar –equipo inicial- Roberto [p, 5 paradas/ 1 de 7m], Dani Mendes (1), Diego Pérez (1), Migui Martínez (1), Ismael (4/ 3 de 7m), Jonathan Vila (6), e Giraldez (1)

Colexiados: Martín Rodríguez Mondelo e Daniel Portela Fernández (Galegos). Excluíron a Manu (min. 9), Cuco (min. 23, 38 e 56), Chimpo (48) e Christophe (min.56) polos locais e a Ismael (min.25), Migui Martínez (min.37), Dani Mendes (min. 40), Alberto López (min. 46) Marcos Martínez (min.48) e Jonathan Vila (min. 54) polos visitantes. Tamén amosaron a tarxeta vermella a Cuco con motivo da súa terceira exclusión e a Álex Malvar por empurrón e desequilibrio dun rival no aire (min.26) e a Jonathan Vila por dirixirse aos colexiados de forma desconsiderada (min.54).

Parciais: 4-1, 8-4, 10-5, 13-9, 17-13, 20-15 (Descanso) 22-17, 24-20, 28-22, 30-24, 33-25, 38-28 (Final).
Primeiro tempo: 1-0 (Chimpo), 2-0 (Iván), 3-0 (Alberto), 3-1 (Aitor Freiría), 4-1 (Manu), 5-1 (Alberto), 6-1 (Alberto), 6-2 (Marcos Martínez), 7-2 (Alberto), 7-3 (Marcos Martínez), 8-3 (Dubra), 8-4 (Aitor Freiría/ de 7m), 8-5 (Rubén Soliño), 9-5 (Iván), 10-5 (Alberto), 11-5 (Pablo), 11-6 (Jonathan Vila), 11-7 (Rubén Soliño), 11-8 (Rubén Soliño), 11-9 (Jonathan Vila), 12-9 (Pablo), 13-9 (Christophe), 14-9 (Alberto), 15-9 (Alberto/ de 7m), 15-10 (Marcos Martínez), 16-10 (Pablo), 16-11 (Jonathan Vila), 16-12 (Marcos Martínez), 17-12 (Pablo), 17-13 (Ismael/ de 7 m), 18-13 (Alberto/ de 7m), 18-14 (Marcos Martínez), 19-14 (Pablo), 20-14 (Cuco), 20-15 (Ismael).
Segundo tempo: 20-16 (Marcos Martínez), 21-16 (Cuco), 21-17 (Rubén Soliño), 22-17 (Manu), 23-17 (Alberto), 23-18 (Jonathan Vila), 24-18 (Álex Zas), 24-19 (Ismael/ de 7m), 24-20 (Ismael/ de 7m), 25-20 (Alberto), 25-21 (Jonathan Vila), 26-21 (Chimpo), 27-21 (Ramón), 27-22 (Migui Martínez), 28-22 (Chimpo), 28-23 (Marcos Martínez), 29-23 (Pablo/ de 7m), 30-23 (Pablo/ de 7m), 30-24 (Jonathan Vila), 31-24 (Alberto), 31-25 (Dani Mendes), 32-25 (Chimpo), Alberto (33-25), Alberto (34-25), Álex (37-26), Diego Pérez (37-27), Christophe (38-27), Alberto López (38-28).
7 Metros: Calvo Xiria: 5 / 4 ### Bm Porriño: 6 / 4
Catro intentos necesitou o Calvo Xiria para anotar a primeira vitoria como local no que vai de segunda volta. Despois de sendas derrotas contra o Bm. Cisne e Atl. Novás e do empate ante a Toscaf Atlética de Avilés, os carballeses conseguiron derrotar de xeito contundente ao Bm.. Porriño por 38-28. O encontro disputouse no Pavillón “Vila de Noia” e pertencía a 23ª xornada de Primeira División Estatal. Tras este resultado e a traballada vitoria acadada a semana pasada en Lalín, os pupilos de Marcos Rodríguez volven recuperar as boas vibracións e asemade parece que van encarar con renovadas ilusións o derradeiro tramo da temporada.

Con dúas tacadas de tres goles cada unha, o Calvo Xiria axiña tomou o mando do encontro e colocouse cun 6-1 favorable. Ben dirixidos por Manu Méndez movían o balón con rapidez en ataque e pechábanse con solvencia en defensa, saíndo ao choque no momento preciso. A troca de Antón por Roberto na portería visitante apenas se notou, con todo o Xiria baixou un pouco as súas prestacións ofensivas e nos minutos seguintes non conseguiu aumentar a diferenza de goles. Buscando un revulsivo, despois de que Alberto desde a liña de sete metros subise o 10-5 ao taboleiro de marcas, Luis Montes solicita un tempo morto. O pequeno “discurso” pareceu espertar aos seus e aínda que Pablo (o novo director de xogo tras a exclusión de Manu) aumentaba a seis a vantaxe local, esta víase diminuída pouco despois. O Xiria comeza a perder balóns en ataque e con accións rápidas á contra, os do Porriño logran no minuto dezaoito poñerse a dous (11-9). Os locais non perden os papeis e en tan só tres minutos e a pesar de fallar un clarísimo contraataque asinan un parcial de 4-0. O electrónico, nese momento, sinalaba un 15-9 para os da casa. Cun destacadísimo Marcos Martínez finalizando os ataques, os visitantes conseguen manterse no partido ata que no minuto vinte e seis cun 18-14 no marcador, un dos mellores xogadores porriñeses, o lateral Álex Malvar é descualificado por derribar perigosamente no aire a un xogador rival. O Xiria aproveita a superioridade numérica para anotar dous goles máis. Case a punto de soar a bucina, Ismael marca para o Porriño e chégase ao descanso cun 20-15 a favor dos de Carballo.

Ao comezo da segunda metade, Antón, que fixera un gran partido na primeira volta, regresou a meta visitante pero axiña tivo que ceder outra vez o posto a Roberto debido a unha inoportuna caída. Un inconmensurable Marcos Martínez anota o primeiro tanto deste acto que se caracterizou polas continúas exclusións en ambos equipos. Ata nove veces os colexiados amosaron os dous dedos cos que se indica o castigo. Pouco antes de chegarse ao ecuador deste acto os xogadores de Marcos Rodríguez dominan o marcador cunha vantaxe de seis goles (28-22). O Calvo Xiria parecía ter ben aprendida a lección e nin nos momentos de inferioridade pasaba por demasiados apuros. O novo tempo morto solicitado por Montes non deparou os efectos desexados e no último tramo, cun moi vistoso Álex Zas na finalización, os locais conseguen un parcial de 5-0. Así no minuto cincuenta e sete, como non, cun “golazo” de Zas, alcánzase a máxima diferenza do partido. O luminso sinalaba un 36-25. Con todo xa decidido, tras un pequeno intercambio de goles, finalmente os visitantes poden acurtar a vantaxe nun tanto e o partido remata coa merecida e contundente vitoria local por 38-28.