PROCASA XIRIA 31 – TIRSO DE MOLINA 23
Procasa Xiria: Martín, Edu (3), Alex (8), Martín Alfeirán (8), Luis (1), Jorge (6), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Javi (1), Nogales, Calvete, Miguel, Rubén Anes. Tirso de Molina: Rafa,…
Procasa Xiria: Martín, Edu (3), Alex (8), Martín Alfeirán (8), Luis (1), Jorge (6), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Javi (1), Nogales, Calvete, Miguel, Rubén Anes.
Tirso de Molina: Rafa, Jaime (2), Carlos, Pablo (5), José, Enrique, Fernando -equipo inicial- David (6), Adrián (2), Diego, Alex (3), Rodríguez (5).
Colexiados: Os colexiados H. Piñeiro e Enrique Taboada non influiron no resultado final.
Partido aprazado de copa infantil que tiñan pendente o Procasa Xiria e o Tirso de Molina ferrolá. ategoria infantil masculina. O equipo de primeiro ano do club carballés impúxose nun bo partido e cunha excelente primeira metade a un equipo que se lles atragantara nos últimos dous enfrontamentos.
O Tirso comenzaba o partido baseando a súa defensa nun bloque con certa antropometría e nas intervencións do seu porteiro ante os lanzamentos dos bergantiñáns. Esta estratexia xa lles dera resultado en anteriores enfrontamentos, pero os de Carballo levaban a lección ben aprendida e co seu traballo durante as últimas semanas eran capaces de superar á defensa e ao porteiro ferrolás, incluso cos lanzamentos dende fora que era unha materia pendente dos carballeses. En defensa, osrapaces de Fernando Vázquez mostrábanse moi intensos e recuperaban balóns a través de intercepcións ou das paradas dun soberbio Martín na porteria. Todo isto facía que os locais puxeran terra de por medio rapidamente grazas aos seus rápidos contragolpes. O primeiro tempo remataba cun 16-11 a prol do Procasa e na grada palpábase a satisfacción polo traballo que estaban a desenvolver os de Carballo.
Todos os xogadores contaron con minutos e a segunda metade transcurreu de forma moi parecida á primeira. Cun Procasa mostrandose gran dominador do encontro. Daba igual que xogador estivera na pista. En tarefas defensivas continuaban intensos e contundentes, xogando con inelixencia, disuadindo e interceptando balóns e forzando faltas en ataque que propiciaban rápidos contragolpes. O ataque posicional era fluído e os rápidos movementos de balón facían posibles as penetracións ata os seis metros.
Desta forma o Procasa foi ampliando terreo no marcador ata o 31-23 final, que deixa ademais a golaberage a prol dos carballeses e con todas as posibilidades de conseguir o primeiro posto neste grupo da copa e a clasificaión para a fase final.