PROCASA XIRIA 34 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 46
SEMIFINAL Procasa Xiria: Martín Gómez, Edu (3), Álex (7), Jorge Bouzas (8), Luís Iglesias (1), Javi (2), Martín Aalfeirán (6) -equipo inicial- Calvete (1), Rubén Gómez (4), Nogales (2), Miguel.…
SEMIFINAL
Procasa Xiria: Martín Gómez, Edu (3), Álex (7), Jorge Bouzas (8), Luís Iglesias (1), Javi (2), Martín Aalfeirán (6) -equipo inicial- Calvete (1), Rubén Gómez (4), Nogales (2), Miguel.
Ifecgás Pereira Xiria: Ivan, Damián (5), Heitor (4), Ricardo (5), Jorge Viñas (5), Luís García (3), Miguel (11) -equipo inicial- Chou, David (4), Joaquín (9).
Colexiados: Non houbo colexiado oficial,e o partido foi arbitrado polo cadete Ramón que estivo ben.
O Ifecgás Pereira Xiria derrotou aos seus compañeiros de club do Procasa Xiria na semifinal do Trofeo Delegación Territorial e plantase así na final que disputará fronte ao vencedor do OAR – Tirso nunha data e lugar aínda por determinar..O equipo do Ifecgás Pereira Xiria valeuse da sua maior antropometría e forza fisica así como da sua maior experiencia para impoñerse con claridade ao equipo de primeiro ano do Procasa Xiria. O Procasa mellorou moito con respecto aos dous partidos de liga e mantívose moi preto no marcador ata o meridiano da segunda metade.
Na segunda metade os xogadores do Procasa saironn con mais desparpaxo e amosaron a calidade que posúen. O patido foi moito máis igualado na reanudación e a loita e a soltura que exhibiron os xogadores de primeiro ano foi para albergar moitas ilusións cara ao futuro. No meridiano da reanudación foise no marcador o Ifecgás Pereira grazas a súa defensa e aos rápidos contaataques propiciados polas dificultades no lanzamento exterior dos do Procasa.
Boas sensacions dos dous equipos que fan ter moitas expectativas cara ao futuro.