PROCASA XIRIA 35 – BALONMÁN OLEIROS 24

Procasa Xiria: Martín, Edu (3), Álex (8), Javi (2), Luís (2), Rubén Gómez (14), Ruben Anes (3) -equipo inicial- Carlos, Jorge, Martín Alfeirán, Calvete (2), Nogales (1)
Bm Oleiros: Alvaro, Pablo (6), Álex (4), Arnaiz (4), Manuel (3), Dani (4), Miguel (1) -equipo inicial– Manu, Bode, Rego (1), Carlos (1).
Colexiados: Os colexiados Marcelo del Rio e Ivan Meijide, aínda que non estiveron acertados no día de hoxe non influiron no resultado final.

O Procasa Xiria conseguiu unha vitoria sinxela ante o Balonmán Oleiros,dada a superioridade dos locais.

O equipo de Oleiros presentouse no pavillón da Zona Escolar de Carballo cun equipo infantil de certa envergadura, pero os locais demostraron máis calidade nos desmarques, na subida do contraataque e no movemento do balón. Esta maior calidade levaba ao Procasa a manter cómodas vantaxes no marcador, aínda que os de Oleiros non posúen un mal equipo.

Na primeira parte o marcador xa reflectía un15-11 a prol dos locais que foron por diante no marcador dende o pitido inicial e durante todo o primeiro tempo.

A segunda parte seguiu polos mesmos derroteiros, sen máis inquedenza que a de saber de canto serian capaces de gañar os rapaces de Fernando Vázquez. A defensa, máis contundente na reanudación, propìciaba rápidos contraataques que aumentaban o marcador ata o 35-24 final, que deixa aos carballeses en moi boa posición para poder optar ao terceiro posto o final da liga, detras dos dous equipos de segundo ano,o Ifecgas Pereira Xiria e o Caixanova OAR. Na actualidade o Procasa Xiria é 5º cos mesmos puntos que o 4º clasificado e a tan só un punto do terceiro, posición moi meritoria para un equipo composto só por infantís de primeiro ano.