10/02/2007 CALVO XIRIA 33 – EXPL. MINEIRAS CANGAS 23
Calvo Xiria: Iván, Cristophe (1), Aitor (2), Ángel (2), Manuel (5), Cuco (1) e Alberto Salgado (9) – equipo inicial – Pombo, Joaquín (8), Hernán (1), Chimpo (1), Pablo (3), Queco e Iago.
Expl. Mineiras Cangas: Manuel, Rubén Soliño (3), Santiago, Alberto (4), David (4), Eduardo (1) e Serafín (10) – equipo inicial – Mauro, Francisco, Cristian, e Adrián.
Colexiados: Jimeno e García. Desacertados, aínda que sen complicacións.
O Calvo Xiria sumou unha nova victoria fronte ao Cangas en Carballo, en encontro pertencente á 18ª xornada de liga en Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 16-9.
O Calvo Xiria non acusou a ausencia de última hora de Quique, por gripe, nin que xogadores como Pablo, Queco e Pombo, aqueixados tamén dun proceso gripal, xogaran menos minutos dos habituais. O xuvenil Manuel asumiu a dirección do equipo á perfección na primeira metade e respostou á confianza de Marcos con bo xogo e cinco goles que serviron para que o Xiria mandara comodamente nese período. O equipo local saliu moito mellor prantado na cancha que o seu rival e aproveitou a debilidade defensiva do Cangas para comezar a marcharse no marcador no ecuador do primeiro acto. A boa defensa e a rápida circulación de balón foron as armas de un Xiria que, incluso, solventou unha inferioridade numérica de dous xogadores cun parcial de 2-0. Ao descanso, o equipo de Marcos Rodríguez mandaba no luminoso cunha xusta renda de sete goles.
O Xiria baixou os brazos en defensa ao inicio da reanudación e un parcial de 3-0 permitiu ao Cangas meterse de novo no partido. Os visitantes elevaron as súas prestacións defensivas e pouco a pouco foron limando as diferencias ata chegar a poñerse a un gol do Calvo Xiria no ecuador da segunda metade (21-20). O conxunto local volveu a poñerse as pilas en defensa e conseguiu solventar a delicada situación para pronto adquirir unha renda a favor de 4 goles que xa sería definitiva para o desenlace do partido. De feito, o Calvo Xiria endosoulle un parcial de 12-3 ao Cangas para terminar o partido cunha clara vantaxe de 10 goles. Hai que destacar o bo partido dos xuveniles Manuel e Joaquín, xa que á boa dirección do primeiro na primeira parte hai que engadir o espectáculo anotador do segundo na reanudación, marcando 8 goles.
Mención aparte merecen os colexiados do partido, sobre todo a arbitraxe do señor Piñón. Deu todo un recital de como non pitar un partido de balonmán, con decisións incomprensibles e unha expulsión a Marcos que parecía estaba xa buscando desde a primeira metade.
A vindeira semana, o Calvo Xiria visita a cancha do líder, a SAR de Redondela.