PROCASA XIRIA 37 – BM ÁRTABRO 24
Procasa Xiria 37 (21+21): Oscar, Enrique (4), Cristian (6), Lolo (8), Alberto (4), Miguel (2) e Diego (3) -equipo inicial- Dani Buño, Jorge, Iván (4), Fran, Gabriel, Alberte (1) e…
Procasa Xiria 37 (21+21): Oscar, Enrique (4), Cristian (6), Lolo (8), Alberto (4), Miguel (2) e Diego (3) -equipo inicial- Dani Buño, Jorge, Iván (4), Fran, Gabriel, Alberte (1) e Dani (5)
Balonmán Ártabro 24 (11+13): Alfonso, Dani (2), Adrián (5), Jorge (8), Rubén (6), Daniel Roel (3), David -equipo inicial- Manuel, javier, Antón, David López
Colexiado: Ruben García, sen problemas
Partido pertencente á 10ª e derradeira xornada do Campionato Territorial Infantil, derradeira xornada na que o Procasa Xiria se xogaba o título e precisaba da vitoria posto que partía con un punto de vantaxe, tras o empate colleitado o sábado na pista da EM Camariñas, sobre o Bm Pontedeume pero tiña a golaveraxe desfavorable co conxunto eumés.
Máis merito ten aínda este título posto que o equipo carballés está formado por tan só 5 xogadores infantís, todos eles de 1º ano, sendo o resto do plantel alevíns de 2º ano.
O partido comenzou ben para os de Carballo xa que pronto empezaron a coller diferenzas no marcador grazas a unha boa defensa e un ataque con moita fluidez no xogo. Mostra disto é que xa no minuto 12 xa xogaran practicamente todos os compoñentes do equipo carballés, puidendo así o adestrador do Procasa premiar a todos os xogadores para que puidesen disfrutar deste campionato. No descanso o Xiria dominaba no electrónico por un claro 18-11.. ego.
Na segunda metade o equipo do Xiria intensificou a súa defensa que propiciaba bos contraataques e conseguían escaparse no marcador con rendas de 15 goles que deixaban ben ás claras a superioridade do Procasa.
Ao remate un contundente 37-24 que lle daba ao Procasa a vitoria no campionato ligueiro.