Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 46 – A. C. RIBEIRO 17

Procasa Xiria 46 (25+21): Martín, Iván (2), Chouciño (7), Joaquín (11), Luís García (3), Calvete (4), Ricardo (1) -equipo inicial- Damián (8), Mario (2), José A. (1), Rubén (2), Luís…

Procasa Xiria 46 (25+21): Martín, Iván (2), Chouciño (7), Joaquín (11), Luís García (3), Calvete (4), Ricardo (1) -equipo inicial- Damián (8), Mario (2), José A. (1), Rubén (2), Luís Iglesias (4).

A. C. Ribeiro 17 (9+8): Xián, Alejandro (3), Miguel F. (3), Miguel D., Ayrton (8), Ricardo, Joel, Diego, Anxo (1), Claudio, Mauro (2), Iago.

Colexiados: Jorge Martínez e Agustín Álvarez.

Partido pertencente á 12ª xornada de liga na 2ª División Cadete que enfrontaba ao A.C. Ribeiro de Ribadavia co Procasa Xiria. Os de Carballo xogaban na casa e partían como favoritos para obter os dous puntos, pese a que o Ribeiro viña motivado tras gañar, a pasada xornada, o seu primeiro partido contra o Bm Moaña. Pese a todo o Xiria xogou un bo encontro e non deixou marchar os puntos do seu feudo.

Os rapaces do Procasa sairon ao campo moi enchufados, convencidos da importancia de non errarr para ir asegurando a clasificación cara á segunda fase do campionato. Xa dende o comezo do encontro íaselle poñer moi costa arriba aos do Ribeiro; os carballeses practicaban unha boa defensa 5-1, con Joaquín de avanzado roubando balóns e culminando con goles rápidos de contragolpe, que acabaría por desesperar ao equipo visitante.

A diferenza facíase, pouco a pouco, insalvable, o Procasa estaba moi serio en defensa e ao Ribeiro custáballe moito traballo conseguir ocasións claras de gol e cando o facían aí estaba Martín baixo os paos para desbaratalas. Así se chegaba ao descanso cunha diferenza de 16 goles, 25-9.

A segunda parte non ía ter moita máis historia, o Procasa seguía aumentando a renda baseándose nunha forte defensa e aproveitando, con moito criterio, as subidas en contraataque en primeira e segunda oleada.

Na faceta goleadora cabe destacar os 11 tantos de Joaquín, seguido por un serio Damián con 8 e un inspirado Chouciño con 7 balóns á rede, moitos deles de gran factura. Salientar tamén o traballo escuro de Luís García en defensa quen, como sempre, foi un director magnífico, e o traballo de Calvete en ataque a prol dos seus compañeiros con bloqueos, arrastrando e creando espazos.

Ao final do encontro o marcador reflectía un 46-17, resultado xusto tras o visto no terreo de xogo. Así que só nos queda darlle a noraboa aos nosos xogadores e desexarlles moita sorte neste último tramo da 1ª fase, na que tan só restan dous dificilísimos partidos, ante o Tirso, 2º clasificado, e ante o Rasoeiro, 1º clasificado.