MEDICENTRO GIJÓN 26 – CALVO XIRIA 18

XORNADA 15

27/01/2010 MEDICENTRO GIJÓN 26 – CALVO XIRIA 18
Medicentro Gijón (11+15): Emilio, Sergio (5), Fernando (8), Abel (2), Ángel (3), Miguel (3), Francisco (2) -equipo inicial- Juan, David (1), Luis, Jesús (1), Juan (1), Manuel e Raul.

Calvo Xiria (8+10): Quique, Cuco (3), Chimpo (1), Alberto (4), Pablo (3), Iván (1) e Jesús (1) -equipo inicial- Iago, Dubra(1), Manu (1), Ángel (2) e Ramón (1).

Colexiados: Juan Carlos González Mazorra e David Andrés Mier

Parciais: 1-1, 3-2, 6-3, 8-4, 8-7, 11-8, 14-9, 16-13, 20-13, 22-14, 25-15, 26-18.
Partido aprazado corresponde á xornada 15 da liga de 1ª Nacional masculino e que se disputou en Xixón o mércores por mor da convocatoria de Ángel Paraja coa selección nacional xúnior. A RFEBM concedeu o aprazamento e isto provocou que se xogase durante a semana impedindo que se desprazase a totalidade da plantilla do Calvo Xiria que só puido presentar doce xogadores.

O encontro comezou cos dous equipos moi espesos no ataque e impoñendo o ritmo as defensas e os gardametas, pero, pouco a pouco, o cadro local foi adquirindo vantaxes no marcador aproveitando as numerosas exclusións do cadro visitante, nove en total, chegando a estar tres xogadores e porteiro na pista, o que foi aproveitado á perfección polo Medicentro para romper o partido neses intres. O Calvo non foi quen en ningún momento de encontrar o ritmo de ataque necesario para acadar situacións para finalizar de maneira sinxela e nas veces que o conseguiu Emilio foi un valladar para o seu equipo

A situación non variou nada despois do descanso, con boas defensas por parte dos dous equipos, pero os locais seguiron aproveitanto as superioridades para marcharese de forma definitiva no marcador, mentres que o Xiria caeu unha e outra vez en numerosas perdas infantís de balón e en accións individuais que non lle valeron máis que para dar ventaxes innumerables ao conxunto xixonés que non desaproveitou os innumerables agasallos dos carballeses para acadar dous puntos que deberían de ter sido moito máis disputados se o Calvo Xiria xogase dun xeito máis colectivo.

O sábado desprazase de novo o conxunto carballés, desta volta a Redondela. Se o Xiria pretende tirar algo positivo deste encontro moito ten que cambiar o xogo carballés, sobre todo no eido ofensivo, retomando a colectividade como punto de partida para a inflexión que precisa o equipo.