Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROMALAR CANGAS 23 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 31

Promalar Cangas 23 (13+10): Anxo, Diego (4), Óscar (3), Alexandre (2), André (1), Cid (10), Rubén (3) -equipo inicial- Acuña (1), Abel (1), Carro, Urrutia. Ifecgás Pereira Xiria 31 (19+12):…

Promalar Cangas 23 (13+10): Anxo, Diego (4), Óscar (3), Alexandre (2), André (1), Cid (10), Rubén (3) -equipo inicial- Acuña (1), Abel (1), Carro, Urrutia.

Ifecgás Pereira Xiria 31 (19+12): Bisbi, Brais (3), Zas (4), Miguel (3), Iago (6), David García (8), Dani (2) -equipo inicial- Jorge Viñas, Martín (1), Cristian (1), Antón, David Álvarez (1), Adrián, Jorge Docampo(1).

Colexiados: Abel Juncal e Andrés.

Importantísimo partido o que disputaba o Ifecgás Pereira Xiria na pista canguesa do Gatañal, posto que no caso de conseguir os dous puntos os de Carballo abrirían unha brecha de oito puntos coa zona de descenso.

O equipo local chegaba nunha perígosa 10ª posición igualado a puntos co Bm Pabellón que ocupa a segunda praza de descenso. O Xiria contaba con 6 puntos máis ocupando a sétima posición, de aí a importancia do choque.

Pero o día xa empezaba mal para os de Carballo xa que cando a expedición chegaba a Cangas, o xogador Antón dábase conta de que se olvidara a bolsa co material de xogo na localidade bergantiñá, coa sua equipación, zapatillas,… e que polo tanto non podería participar no encontro.

Foron os locais os que levaron a dianteira no marcador no inicio do partido cunha intensidade moi alta que facía perigrar os intereses dos carballeses. Este arreón inicial apenas durou quince minutos, despois, os do Ifecgás Pereira amosáronse moi superiores en todas as fases do xogo e así puideron retirarse ao vestiario ao remate da primeira metade con unha ampla vantaxe, 13-19.

Na segunda parte, os locais baixaron a súa intensidade e no equipo visitante, Fernando Vázquez púidolle dar minutos a todos os integrantes do equipo. O 31-23 final permite aos de Carballo respirara con tranquilidade, a falta de seis xornadas para o remate da liga, e mirar a partir de agora por consegui unha mellor clasificación.

O vindeiro compromiso dos de Carballo terá lugar o vindeiro domingo ás 12.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, onde o Ifecgás Pereira Xiria se medirá ao Cisne, segundo clasificado.