Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM BASE OVIEDO 32 – CALVO XIRIA 24

XORNADA 20 20/02/2010 BM BASE OVIEDO 32 – CALVO XIRIA 24 Bm Base Oviedo 32 (13+19): Benigno, Víctor (15, 7 de 7 m), Ignacio (3), Veleda (2), Alejandro (2), José…

XORNADA 20

20/02/2010 BM BASE OVIEDO 32 – CALVO XIRIA 24
Bm Base Oviedo 32 (13+19): Benigno, Víctor (15, 7 de 7 m), Ignacio (3), Veleda (2), Alejandro (2), José (2), Rubén (1) -equipo incial- Daniel, Pablo (1), Diego (1), Borja (4), Rodríguez, Mon (1) e Ramos.

Calvo Xiria 24 (12+12): Quique, Cuco (2), Chimpo (2), Alberto (12, 7 de 7 m), Pablo (2), Iván (1) e Dubra -equipo inicial- Iago, Jesús (2), Manuel (1), Ángel, Ramón, Christophe e Zas (2).

Colexiados: Srs. Reyes e Reinoso (colexio Castela e León)

Parciais: 2-3, 5-6, 6-8, 8-10, 11-11, 13-12, 17-13, 20-14, 22-17, 23-18, 28-21, 32-24.
Non foi quen o Calvo Xiria de estrear o casilleiro de vitorias na segunda volta da liga, desta volta caeu ante un Bm Base Oviedo que xogou o partido que mais lle conviña mentres que o equipo carballés non se soubo desenvolver.

No descanso a vantaxe era mínima para os locais, pero á volta dos vestiarios as forzas desniveláronse claramente a prol do Base que foi ampliando o parcial favorable ata o definitivo 32 – 24.

O conxunto local puxo un alto nivel na súa defensa, moitas das veces por encima do permitido polo reglamento e non sempre sancionado polos colexiados, unha defensa que se lle atragantou ao Calvo. Non foron quen os carballeses de marcar o ritmo de xogo necesario para o partido nin foron capaces de tirar nada positivo das situacións de superioridade numérica que tivo, froito dunha defensa moi pouco activa e que estivo no contrapunto do Oviedo sendo en exceso blanda.

Pola contra o ataque ovetense non tivo, sobre todo durante o segundo tempo, problemas para acadar unha e outra vez situacións de lanzamento cómodas de máis, incluso estando catro xogadores contra seis. Os despistes do Xiria no apartado defensivo en desigualdade numérica foron innumerables e acabounos pagando cunha derrota ante un conxunto que xogou como máis lle conviña.