Punta del Este Xiria (12+15): Sara, Cristina (7), Berta (6), Sheila (6), Mariana (2), Marta (3) e Gabriela (1), sete inicial, Carla (2), Patricia, Tamara e Olalla
Materiales del Atlántico Narón (11+13): Angela, Berta (4), Silvia (1), Alicia (10), Marta (3), Noelia (2) e Marta F (4), sete inicial, Iris, Raquel, Fatima, Belen e Jennifer.
Bo comezo de liga para as carballesas, xa non só polo resultado, senón tamén polo impulso moral que supón. Lembremos que a temporada pasada perdemos contra o Narón, o que supuxo para o Xiria quedar fóra do campionato galego.
Se xa de por si os partidos iniciais na liga son dificiles debido á ansiedade que presentan as xogadoras, este érao aínda máis xa que todas tiñan presente o ocurrido a campaña anterior. O encontro non foi sinxelo, con moita igualdade durante toda a primeira metade e con altibaixos continuos no marcador, chegándose ao intermedio cun 12-11 a prol das carballesas que reflectía a igualdade deste primeiro acto.
No recomezo o partido foise complicando para as locais, que foron perdendo de dous mediado o ecuador desta segunda metade. Aínda así as rpazas de Edu Orgaz sacaron a relucir a súa mellor condición nos derradeiros 15 minutos, motivado en grande medida polo troco no sistema defensivo. E é que o 6:0 defensivo deu todo o resultado que non dera o 3:2:1, interceptacións, saídas en oleadas… Deste xeito as de Carballo conseguiron alonxarse no marcador con diferenzas de 3 e 4 goles e, aínda que a diferenza de goles non era moita, no terreo de xogo vivíronse con tranquilidade os derradeiros 5 minutos do encontro.
