CALVO XIRIA 28 – CALFONCAL LAVADORES 22
21/01/2007 CALVO XIRIA 28 – CALFONCAL LAVADORES 22 Calvo Xiria: Iván, Queco, Pombo, Hernán (3), Alberto Salgado (12), Aitor (2) e Cristophe (2)–equipo inicial- Quique, Ángel (1), Joaquín (2), Pablo…
21/01/2007 CALVO XIRIA 28 – CALFONCAL LAVADORES 22
Calvo Xiria: Iván, Queco, Pombo, Hernán (3), Alberto Salgado (12), Aitor (2) e Cristophe (2)–equipo inicial- Quique, Ángel (1), Joaquín (2), Pablo (6) e Manuel.
Calfoncal Lavadores: Daniel (1), Mario (7), Francisco Javier (3), Bruno (1), Juan (3), Iago (5) e Abel (2) –equipo inicial- Diego, Rubén, Pablo, Borja, Luis e Celada.
Árbitros: Nacho Pereira e Vicente Pérez. Irregulares, aínda que sen complicaciónsl.
O Calvo Xiria sumou un cómodo triunfo fronte ao Calfoncal Lavadores, na 14ª xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descando era de 13-11 para os locais.
O Calvo Xiria sumou un importante trunfo fronte ao Lavadores no primeiro partido da segunda volta do campionato de Segunda Nacional, o que lle permite seguir tendo opcións de loitar, cando menos, pola segunda praza da clasificación. O equipo de Marcos Rodríguez soubo sobrepoñerse ás baixas de última hora de Fernando Vázquez (lesionado nun xemelgo no partido que xogou en Cuenca co OAR) e Cuco (cun proceso gripal), ademáis da coñecida baixa de Chimpo que deixou o equipo por motivos laborais, e certificou a consecución dos dous puntos en xogo, sobre todo, na segunda parte. O primeiro acto estivo presidido pola igualdade e ningún dos dous equipos logrou marchar cunha renda suerior aos dous goles. O acerto anotador de Alberto permitiu aos carballeses lograr dous goles de vantaxe mediada esta primeira metade, aínda que o Lavadores soubo darlle a volta ao partido para mandar no marcador ata a recta final do primeiro tempo. Aí o Xiria apretou o acelerador e púxose de novo dous goles arriba para ir tranquilo aos vestiarios.
O Calvo Xiria mellorou as súas prestacións na reanudación e pronto comezou a abrir unha brecha no luminoso que sería xa insalvable para o seu rival. A aportación de Quique na portería comezou sendo decisiva, ao igual que o xogo en ataque de Ángel, que no seu debut asinou un partido espléndido. Pablo asumiu á perfección a dirección de xogo do Xiria e, con eses ingredentes, o partido decantouse para o bando local. Se a todo esto unimos o pobre xogo amosado por Lavadores, o resultado final non podía ser outro que a victoria do Xiria. Hai que salientar, igualmente, os 12 goles anotados por Alberto Salgado, que pareceu non acusar o cansanzo da viaxe a Cuenca co OAR. O Calvo Xiria visita a semana que ven a pista do Poio, un partido en teoría asequible pero do que non se pode fiar o conxunto de Marcos Rodríguez, xa que o conxunto local oita por evitar o descenso de categoría.