Quinta vitoria do Calvo Xiria na 1ª Estatal
Acadou a vitoria o Calvo Xiria ante o Bm. Pontevedra nun partido no que tivo que empregarse a fondo, xa que mentres o ritmo foi o marcado polos visitantes, canso…
Acadou a vitoria o Calvo Xiria ante o Bm. Pontevedra nun partido no que tivo que empregarse a fondo, xa que mentres o ritmo foi o marcado polos visitantes, canso e con paróns continuos, non había claridade para que lado caerían os puntos.
Mais co paso dos minutos o Calvo Xiria non deu tregua no seu xogo, e sen conseguir vantaxe no electrónico si que ía minando o físico dos pontevedreses. O traballo de desgaste que levou acabo o conxunto carballés deus os seus froitos e foi quen de rachar o encontro no minuto cinco do segundo tempo. A velocidade de xogo que imprimiu a partir de ese intre foi suficiente para levar a diferenza aos dez goles e ter uns quince minutos finais tranquilos. Agora toca esperar para saber o alcance da lesión de Alejandro Naya que se tivo que retirar do terreo de xogo aos vinte e cinco minutos por un problema no seu cóbado.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante preto de 350 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 4-4, 5-5, 8-7, 11-8, 13-12, 18-13, descanso, 21-14, 22-16, 26-16, 28-20, 29-23, 33-25.
Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aarón Sestay Prieto do colexio galego. Sen exlucídos polo bando local e Alberto (39´ e 39 por protestas) e Iago (41´). Sete metros: cinco a prol do Xiria e ningún a prol do Bm. Pontevedra.
CALVO XIRIA 33 (18 + 15): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (4), Ramón Suárez-Pumariega (2), Martín Alfeirán, Brais Puñal (3), Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (3), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (7), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo (3), Julián López, Iván Campos(2), Javier Rodríguez (2).
VITALDENT BM. PONTEVEDRA 25 (13 + 12): Santiago Picallo [p], Pablo Vázquez (3), Alejandro Pombo (9), Alberto Santiago (3), Iago Rodríguez (5), Ángel Soliño (3), Fernando Rey, David Lagoa [p], Ángel Noya, Gonzalo García, Jaime Igleisas (2), Santiago Calvo, Pablo Vázquez.