Partidazo e vitoria do Grupo Lemaco ante o lider

O Grupo Lemaco Xiria, visitaba a difícil pista do Gatañal na xornada número seis da liga de División de Honra en categoría cadete. Esperaban aos de Carballo o Luceros, conxunto que lideraba a clasificación e que tan só cedera un punto no que vai de campaña.

Os bergantiñáns, coas baixas de Antón e Pablo por lesión e Xurxo por decisión técnica, afrontaban un dos encontros máis complicados co que se van encontrar esta tempada e era obrigado render ao 100% en todas as facetas, se se quería sacar algo de proveito daquela pista.

A vitoria, fragouse precisamente neses aspectos e dende os primeiros instantes, os verdibrancos puxeron de manifesto sobre a goma do Morrazo as súas intencións por competir e as ambicións por traerse algún botín para Carballo.

O envite comenzou cun alto ritmo, onde os dous conxuntos trataban de impoñer as súas defensas e onde a igualdade predominaba, tanto no xogo, como nos algarismos que anunciaba o electrónico (7-7 minuto 15). Foi a partir deste intre cando os de Cangas conseguiron unha renda de tres goles (14-11 minuto 25), que reducirían os carballeses ao fío do descanso, para deixar todo por decidir cara a reanudación (18-16).

Na segunda parte, as diferenzas continuaban sendo a favor dos de casa, que dominaban dous e tres goles arriba, pero cun Xiria mantendo un alto ritmo no xogo e esperando calquera despiste de aqueles. Chegou o momento e a fe dos visitantes víuse premiada a falla de cinco minutos para o remate do partido, o instante máis crucial deste. O Luceiros mandaba por un cómodo 30-27, pero o tesón e a pacencia dos bergantiñáns para xogar de xeito intelixente estes últimos instantes, fixo posible un 1-5 de parcial con tinguidas épicas, cun Carlos deixandose a alma na carreira do último contragolpe e introducindo o balón nas mallas do Luceros no último segundo do encontro.

Vitoria moi valiosa ante un dos mellores conxuntos da categoría que deixa aos de Xiria a tan só un punto do seu rival de hoxe e notable melloría dos rapaces, que semana tras semana, van asimilando os conceptos traballados.

A fin de semana que ven, segundo derbi da tempada, esta vez contra o OAR da Coruña.

Luceros: 31 (18+13). David, Mauro (9), Miguel (5), Javi (4), Fonseca (7), Iván (1), Anxo (3)-equipo inicial-Carlos, Alexander, Diego, Aaron (1), Marcos (1), Iker.

Grupo Lemaco Xiria: 32 (16+16). Antonio Mato (12 paradas), Roi Alfeirán (2), Fran Rey (1), Juan Carlos Rodríguez (12), Carlos Vilanova (10), Andy Rey (2), Andrés Vila (2)-equipo inicial-Manuel Souto (19 paradas), Mario Lema, Samuel Castiñeiras, Ronaldo Durán, Manuel Sánchez, José Varela, Sergio Pombo (2), Daniel Esmorís (1).

Resultado cada 5´: 2/3, 5/5, 7/7, 11/8, 14/11, 18/16-Descanso-21/18, 23/21, 24/23, 27/24, 30/27, 31/32.

Árbitros: Carla Díz e Elena Rivas. Estiveron ben. Excluiron con 2´a Mauro, Carlos (2), Miguel (3) e Anxo  polos locais e a Carlos Vilanova, Andrés Vila, Roi Alfeirán e Juan Carlos Rodríguez polos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a sexta xornada de liga en categoría cadete e disputado no pavillón O Gatañal de Cangas ante 150 espectadores. Númerosos os siareiros que se desplazaron dende Carballo que encheron un autobús de 56 prazas.

Clasificación tras sexta xornada:

cadetes cangas

  Cangas2