RASOEIRO BM 20 – GARAYSA XIRIA 22

Rasoeiro Bm (12+8) 20: Mirian, Iria (1), Ariana (6), Angela (4), Natividad (5), Raquel (2) e Silvia (1), sete inicial, Sara, Maria, Lorena (1), Romina e Alesandra.

Garaysa Xiria (10+12) 22: Raquel, Cristina C., Berta (6), Jessica, Maria (7), Mariana (4) e Marta, sete inicial, Cristina G. (2), Esmeralda e Sheila(3).

Mala prmeira metade das carballesas, sen ningún control do partido, onde se xogou simplemente por inercia e de xeito anárquico, sen orde nin coordinación. De aí as numerosas perdas de balón, lanzamentos mal seleccionados, situacións defensivas variables… en fin un descontrol.

A segunda metade foi mellor, a defensa acoplouse e por momentos incluso brilou a gran altura, pero os erros continuaban, de aí que o equipo de Edu Orgaz mandase no marcador, pero sen definir nin pechar o encuentro cando tiña que telo feito. De todas maneiras, o equipo está bastante forte, cada vez o grao de esixencia, tanto colectivo como individual é maior e iso nótase no xogo, unha mágoa comezar a espabilar tan tarde. Agardemos que esta melloría continúe na competición de copa que comeza a próxima fin de semana, aínda que será moi complicado repetir o título da pasada campaña.

Con este encontro remata a competición de Liga na que as carballesas rematan na sétima ou oitava posición, dependendo do resultado do partido da 19ª xornada entre o Rasoeiro e o Chapela que se aprazou no seu día e do que descoñecemos o resultado.