CALVO XIRIA 31 – VIVENGAL SÁRDOMA 17

24/03/07 CALVO XIRIA 31 – VIVENGAL SÁRDOMA 17
Calvo Xiria (13+18) 31: Iván, Queco, Cristophe (2), Cuco (2), Aitor (4), Hernán (5) e Alberto Salgado (1) –equipo inicial- Quique, Fernando Vázquez (4), Pombo (3), Pablo, Chimpo (1), Joaquín (9) e Manuel.

Vivengal Sárdoma (8+9) 17: Verga, Rubén (1), Donato (2), Luis (2), Pablo (7), Aitor (2) e Borga –equipo inicial- David, Yago, Martín, Agustín (1) e Amador (2).

Colexiados: Pablo Goitia e Rafael Iglesias. Sen complicaións. Souberon atallar a violencia do Sárdoma no tramo final do partido.

O Calvo Xiria sumou unha nova victoria en Segunda Nacional tras derrotar ao Vivenga Sárdoma no Pavillón Municipal da Zona Escolar, en encontro correspondente á 24ª xornada de liga en Segunda Nacional. Ao descanso, o conxunto carballés mandaba no marcador por 13-8.

O Calvo Xiria puxo fin a unha racha de tres derrotas consecutivas e non pasou apuros para derrotar a un Sárdoma que amosou en Carballo o por qué da súa clasificación. Xa dende o primeiro minuto de partido se podía aventurar unha victoria local, pese a que o Calvo Xiria xogou a medio gas durante todo o encontro. O Sárdoma nunca foi rival para os de Carballo, moi atascado no seu xogo de ataque e concedendo demasiadas facilidades defensivas a un Xiria que, pese a todo, só conseguiu distaciarse no marcador no tramo final da primeira parte. Foi cando os de Marcos Rodríguez apretaron un pouco o acelerador e colleron unha vantaxe de cinco goles antes do descanso. As notas negativas da primeira metade foron a lesión no nocello de Alberto Salgado e as tres exclusións de Queco, as dúas últimas bastante rigorosas.

A segunda metade non tivo máis historia que a que quixo escribir Joaquín, autor de nove goles, a algunha acción individual dos xogadores locais, como un golazo de Chimpo, que espertou ao público que se deu cita no pavillón. O gran partido en defensa de Hernán desquiciou ao equipo visitante e, en concreto, a Donato, un xogador que tentou agredir en máis dunha ocasión ao pivote carballés e que se encarou con Marcos, a quen incluso propinou unha lixeira patada ao remate do encontro. O mal perder dos xogadores visitantes desencadeou, ao final do partido, con encaramentos con seguidores do Xiria e algún intento de agresión, incluso, a algún xogador na pista. Os colexiados do partido souberon frear o xogo violento dos visitantes no tramo final do partido, aínda que algún, como é o caso de Donato, merecería ter visto o cartón vermello. O que si o viu foi Yago por encararse e dicirlle algo ao colexiado Rafael Iglesias. Foi un triste final de partido que amosou o estado de impotencia do Sárdoma, angustiado pola súa situación deportiva na tabla clasificatoria. O mellor para o Xiria, recuperar a motivación cunha victoria de cara ao derbi da vindeira semana en Camariñas.