Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Roberto Alvarez xogará na SD Teucro de Asobal

O xogador do Calvo Xiria Roberto Álvarez, coñecido nos ambientes balonmanísticos “Bombillas”, xogará na SD Teucro de Asobal a vindeira campaña. O xove extremo do equipo carballés comprometeuse co cadro…

O xogador do Calvo Xiria Roberto Álvarez, coñecido nos ambientes balonmanísticos “Bombillas”, xogará na SD Teucro de Asobal a vindeira campaña. O xove extremo do equipo carballés comprometeuse co cadro de pontevedra para as tres próximas temporadas. Roberto chegou ao Calvo Xiria a principios desta campaña que remata tras formarse nas categorías de base do Balonmán Lalín, chegando a militar no primeiro equipo do cadro dezano durante dúas campañas antes de recalar no Calvo Xiria.

Roberto chegou ao Calvo Xiria para suplir a baixa no extremo de Alberto Salgado convertíndose nunha das pezas clave para acadar a clasificación para a fase de ascenso e para posteriormente conseguir o ascenso na fase disputada en Oviedo. Na Liga de 2ª Autonómica foi o segundo maximo goleador do equipo, por detrás de Pablo, acadando 123 goles.
A intención do xogador era continuar a vindeira campaña no equipo carballés no que se atopaba moi agusto pero a oferta do Teucro era irrexeitable xa só pensando no aspecto deportivo.

Dende o club carballés só nos queda felicitalo por este logro e desexarlle moita sorte no futuro e que sempre terá abertas as portas deste club. E é que para nós, aínda que nos cause un problema á hora de ter que buscarlle un substituto, é un orgullo que clubs de superior categoría e, neste caso do máis alto nivel, se fixen en xogadores da nosa plantilla, como xa ten sucedido nos últimos anos con Alberto, Joaquín, Carlos ou Villa, xa que esto tamén significa un escaparate para o equipo e sobre todo para os rapaces que se forman nas nosas categorías de base.

Roberto únese así á xa consabida baixa de Sebastián que regresou a Arxentina para tentar evitar o descenso da máxima categoría do Sagrado Corazón, o seu equipo de toda a vida.

A directiva da Sección de Balonmán continua a traballar para conseguir algún reforzo para paliar esas baixas cara a vindeira campaña.