S.A.R. 27 – PROCASA XIRIA: 25
S.A.R. 27 (15+12): Martín, Santiago (2), Andre (3), Jose (1), Pablo (5), Jose A. (3), Khalid, Xurxo, Iago, Imanol (5), Guillermo (4), Miguel, Diego (4). Procasa Xiria 25 (12+13): Martín,…
S.A.R. 27 (15+12): Martín, Santiago (2), Andre (3), Jose (1), Pablo (5), Jose A. (3), Khalid, Xurxo, Iago, Imanol (5), Guillermo (4), Miguel, Diego (4).
Procasa Xiria 25 (12+13): Martín, Iván, Chouciño (1), Joaquín (4), Luís García (5), Calvete (5), Damián (1), Mario, Jose A., Rubén (4) y Luís Iglesias, Ricardo (5).
Colexiados: Juan Álvarez e Pablo León.
Partido correspondente á 10ª xornada de liga de 2ª División Cadete disputado no pavillón da Bombonera, Redondela, contra a S.A.R. O Procasa Xiria xogaba o seu segundo partido en dous días e tras a derrota sufrida en casa fronte o Cangas era de gran importancia sacar algún punto desta visita.
O encontro comezaba espeso, con erros por parte dos dous equipos, probablemente debido ás baixas temperaturas rexistradas. O Xiria non defendía coa intensidade necesaria e os laterais da S.A.R., a través de accións individuais de 1×1, conseguían manter ao seu equipo por diante. En ataque os de Carballo facían moito dano na segunda oleada e en xogo posicional movían o balón con bastante criterio, pero cometían erros claros en lanzamentos cómodos, que non farían se non darlle ás aos de Redondela, que chegaban ao descanso cunha vantaxe de 3 goles.
O Procasa saía con ganas ao inicio do 2º tempo; con un 5-1 moi plano, con Rubén no avanzado, lograba por en serios apretos ao ataque da S.A.R., pero o noso ataque non funcionaba de todo ben, ás presas e as ganas de igualar o partido inmediatamente provocaban precipitación nos lanzamentos. Por outro lado as exclusións sufridas, algunha máis que discutible, botaban por terra os intentos por igualar o marcador que chegaría ó final con un 27-25. Poucos froitos despois do gran esforzo dos nosos neste encontro.
Agora temos por diante unhas longas vacacións que esperamos sirvan para esquecer esta mala racha de resultados e afrontar o seguinte partido o día 16 de Xaneiro en perfecto estado físico e mental.