S.A.R PEGUFORM 23 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30
S.A.R Peguform: 23 (14+9): Diego, Domínguez (6), Roberto (1), Samuel (6), Bruno (2), Mauro (3), Orge (3) -equipo inicial- Santi, Pereira, Ricardo (2), Adrián, Anxo. Ifecgás Pereira Xiria: 30 (17+13):…
S.A.R Peguform: 23 (14+9): Diego, Domínguez (6), Roberto (1), Samuel (6), Bruno (2), Mauro (3), Orge (3) -equipo inicial- Santi, Pereira, Ricardo (2), Adrián, Anxo.
Ifecgás Pereira Xiria: 30 (17+13): Naya, Antón (3), Brais (10), Iago (8), Dani (5), Viñas (3), Alvarito (1) -equipo inicial- Adrián, Jorge Docampo, Martín, Bisbi, Cristian.
Colexiado:Jordi Pérez e Victor Rivera.
O Ifecgas Pereira Xiria acadou, logo de derrotar á SAR de Redondela, a permanencia de forma matemática na División de Honra Xuvenil masculina e mantén a sétima praza na clasificación.
Os visitantes foron os que levaron a dianteira no marcador dende o principio do partido, a pesar de non poder contar con algúns dos seus xogadores habituais, Álex Zas convocado co equipo sénior e os Miguel e David, que non viaxaron co equipo xuvenil ante a importancia do partido cadete contra o OAR. O equipo redondelán estase a xogar a permanencia na categoría e presentou certa batalla, sobre todo na primeira metade e ata que o cansancio fixo mella nos seus xogadores. Combativos e loitadores mantiveron unha certa esperanza cara ao segundo tempo, dada a escasa diferenza no electronico chegado o descanso, 14-17.
Na segunda metade, os locais baixaron a súa intensidade, sobre todo propiciado pola fatiga. Isto propiciou que os do Xiria aumentaran comodamente as diferenzas, sobre todo no tramo final do encontro. O partido foi feo, falto de ritmo e con unhas defensas endebles e inocentes, pero os carballeses conseguen por fin a tranquilidade da salvación, o que lles debe dar, a partir de agora, ánimos de cara a traballar máis e mellor para poder entusiasmar o ano que ben con aquel balonmano que xa fixera emocionar ao público de Carballo a tempada 08-09.
O próximo partido para o Ifecgás Pereira será o vindeiro venres 19 en terras viguesas fronte ao líder, o Caixanova Octavio, nun partido aprazado no seu día polo forte temporal que afectou a Galicia. A xornada, polo tanto, será dobre xa que o domingo 21 o Ifecgás Pereira Xiria voltará a xogar, desta vez na Zona Escolar de Carballo ante o Lavadores.