Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BALONMÁN TUI 36 – GARAYSA XIRIA 32

Balonmán Tui 36 (16+20): Yoel, Álvaro, Martín (3), Adrián (1), Aarón (1), Alejandro, Diego (13), Carlos (1), Lois (1), Ignacio, Javier (2), Carlos (14). Preparador: Ricardo Carballo. Garaysa Xiria 32…

Balonmán Tui 36 (16+20): Yoel, Álvaro, Martín (3), Adrián (1), Aarón (1), Alejandro, Diego (13), Carlos (1), Lois (1), Ignacio, Javier (2), Carlos (14). Preparador: Ricardo Carballo.

Garaysa Xiria 32 (14+18): Jorge, Daniel García (2), Iván (6), Óscar, Alberto (2), Julián (9), Enrique (5), Raúl (2), Diego (4), Daniel Buño (1), Gabriel, Miguel (1), Fran. Preparador:Alberto Salgado.

Colexiados: Juan Andres Casaleiro
Mal día, non polo xogo despregado pero si polo resultado, para un Garaysa Xiriaque afrontaba un longo desprazamento a localidade pontevedresa de Tui. Tamén mal día para o colexiado do encontro que tivo unha actuación para esquecer.
O Garaysa iniciaba o choque coa esperanza de acadar os dous puntos en xogo ante un rival que se atopa por debaixo na táboa clasificatoria. O equipo carballés comezaba con un bo xogo de balón en ataque, aínda que cometendo algún erro de desprazamentos cara a zona centro da defensa tudense, que era un muro. Os de carballo movían ben a bola con finalizacións por zonas exteriores por parte dos extremos e laterais. No plano defensivo os carballeses practicaban unha defensa 3:3, sen facer mixta, aspecto prohibido polo regulamento nestas categoría pero que o equipo rival si utilizou ante a permisividade arbitral. Diego vixiaba ao pivote de Tui e Dani presionaba ao central conseguindo roubos de balón. Ao descanso o marcador era de 16-14 a prol dos locais.
Na segunda metade o Garaysa saíu moito máis forte en defensa, recuperando o balón e propiciando contras que remataban en gol. Así, os de Carballo conseguían recurtar a desvantaxe do descanso e poñerse con 4 goles de renda ao seu prol. Pero neste punto comezaron as accións extrañas e todas na mesmo sentido: dúas faltas en ataque en oito metros que foron sinaladas como penaltis a prol dos locais, un lanzamento á madeira dado como gol. As protestas do ténico carballes a estas accións supuxéronlle un sete metros en contra e posesión a prol do Tui. Os rapaces do Garaysa xa vían que era imposible sacar algo positivo e Alberto era excluido catro minutos por protestar. Ao final o Tui conseguía os dous puntos.
O vindeiro compromiso para o Garaysa Xiria será o próximo venres en Vigo ante o Lavadores.