S. D. TEUCRO 38 – ASESORIA SUEIRO XIRIA 31

S: D: Teucro: Miguel, Sergio ( 7 ), Pablo ( 4 ), Rubén ( 2 ), Serguey ( 14 ), Ricardo ( 3 ), Ignacio ( 8 ) – equipo inicial – Borja, Eduardo, Juan, Pazos.

Asesoría Sueiro Xiria: Iván, Cristophe ( 4 ), Aitor ( 6 ), Gonzalo ( 6 ), Óscar ( 1 ), Joaquín ( 11 ), Javier – equipo inicial – Manuel ( 1 ), Diego ( 1 ), Eloy ( 1 ), José Luis, Iago.

Colexiados: Os colegiados Srs. Iglesias e Silva, sen influir no resultado final, adicáronse a se pasear pola pista e pitar o que pedían os adestradores.

Asesoría Sueiro Xiria cae una visita á S. D. Teucro por 38 a 31, no descanso o marcador era de 18 a 15.

Comenzou ben o partido para o cadro carballés que mercede a unha boa defensa e a efectividade no contraataque levou a iniciativa no marcador con diferencias de dous e tres goles nos primeiros vinte minutos. A partir de ahí, e en situacións de superioridade numérica, o Teucro fíxose co mando do partido e se chegou ó descanso con ventaxe de tres goles a prol dos locais.

O momento clave do encontro estivo nos primeiros minutos do segundo tempo, nos que un Xiria moi desatinado, polo xogo individual no que caeu e na pouca intensidade defensiva, entregou balóns en ataque que se convertiron en cómodas opcións de lanzamento para os pontevedreses que deixaron sentenciado o encontro cunha diferencia que chegou os once goles. A partir de ahí o Asesoría Sueiro intentou voltar o partido pero so foi quen de acurtar distancias mínimamente.

A vindeira xornada, primeira da segunda volta, os carballeses reciben ó Bm. Bueu no pavillón da Zona Escolar as 12:15 do domingo.