S.D. TEUCRO “A” 40 – GARAYSA XIRIA 31

XORNADA 4

20/10/2012

S.D. Teucro “A”: 40 (22+18): José (5), Schipper, Julio, Pedro (4), Daniel, Javier (2), Luis (4), Alejandro (10), Andrés, Sergio (10), Eduardo (2), Anxo (3).

Garaysa Xiria: 31 (17+14): Arnejo (3), Carlos (7), Vila (4), Ronaldo (2), Tasende (3), Antonio, Tito, Souto, Brais (1), Xurxo (3), Juanca (6), Fran (1), Daniel (1), Andy.

Nesta cuarta xornada o Garaysa Xiria viaxaba a Pontevedra para enfrontarse ao Teucro, líder da táboa.

O Xiria comezou o encontro con moitos nervios, tanto en ataque, onde o equipo se amosaba temeroso, como en defensa, onde a falta de intensidade permitía ao potente ataque teucrista acadar goles con demasiada facilidade. Con este panorama os locais non tardaron en tomar vantaxe no marcador, obrigando ao banco do Xiria a solicitar un tempo morto. Tras a arenga o equipo comezou a espertar, os apoios defensivos chegaban agora con moita máis contundencia e en ataque os xogadores comezaron a mover o balón con maior ritmo e desenvoltura.

Pese a todo o equipo rematou o primeiro tempo cun 22-17 a prol dos locais, pero cunhas sensacións moito mellores que no arranque do encontro.

Tralo descanso o partido tornouse demasiado aloucado, con moitos erros por parte dos dous equipos e con continuos vaivéns no xogo. Con esta tónica o Garaysa chegaba á recta final do encontro con desvantaxes de 5 e 6 goles, e optou entonces por cambiar á defensa individual a todo o campo, buscando unha sorpresa máis que complicada. Pero os xogadores teucristas non erraron e remataron o encontro con 9 goles de vantaxe.

Na seguinte xornada o Garaysa recibe ao Cisne no pavillón municipal Vila de Noia, será o sábado 27 ás 12.00 h.